recordatorio beerfing

Conta atrás para Beerfing… Ainda non tes a túa entrada?

  • Este xoves 31 de marzo regresa “Beerfing, encontros de creatividade e cervexa”, un evento organizado por Creatividade Galega e o Clúster de Comunicación de Galicia, que conta có patrocinio de Estrella Galicia
  • O Centro Obra Social de ABANCA e a Sala Riquela de Santiago, acollerán a partir das 16:00h o talento creativo de Judith Francisco -ex presidenta do Club de Creativos- xunto có de Carlos Álvarez de Kindegarten e o de Raúl Bermúdez de Chachachá Studio, entre outros

Restan menos de 48 horas para que chegue un dos eventos máis dexesados polo sector galego da publicidade. Referímonos a Beerfing. Porque sí, a creatividade é importante, pero a cervexa tamén. Se combinamos as dúas e reunimos a todo o sector nun mesmo lugar, sáenos encontros de creatividade e cervexa. Sen dúbida unha experiencia moito máis enriquecedora. E se o aderezamos todo con Estrella Galicia, o éxito xa está asegurado.

Unha iniciativa que arrincaba de maneira presencial o 5 de marzo do 2020, pero que a pandemia transformou a dixital na segunda entrega do 2020 e na primeira do 2021. No 2022 coa sexta ola xa controlada, Beerfing volve o seu formato orixinal. Un evento que celebrarase este xoves 31 de marzo en Santiago de Compostela a partir das 16:00 da tarde.

Workshop, charlas e casos de éxito

A primeira hora da tarde o Centro Obra Social de ABANCA acollerá ó Workshop “Tendencias e Futuro”. Será a cargo da consultora C4E, e será impartido polo seu CEO, Juan de los Ángeles. Este primeiro bloque está plantexado coma un taller dinámico e participativo para repensar o futuro e dar ideas. Mostrarásenos unha relación de tendencias, casos, noticias, testimonios, datos… Para estar ao día, repensar o futuro, coñecer innovacións e novas ideas. Abordaránse máis de 30 tendencias no eido da comunicación, da tecnoloxía, publicidade, creatividade, marketing e entretemento.

A partir das 20:00 da tarde Beerfing trasladarase a Sala Riquera, onde se desenrrolarán a Charla Estrella e os Casos de Éxito. Carlos Álvarez de Kindergarten e Raúl Bermúdez de Chachachá Studio, protagonizarán os dous relatorios de 15 minutos cada un. Estas axencias galegas presentarán os seus casos de éxito facendo o público partícipe de todo o proceso.

O evento será pechado por Judith Francisco e a súa Charla Estrella. A directora creativa de PlayOffice e expresidenta do Club de Creativos (2019-2021), compartirá con todos os asistentes a súa bagaxe e know-how en materia de marketing e comunicación.

Inscríbete AQUÍ no #Beerfing!

A continuación deixamosche o programa horario ao compreto:

programa beerfing 2022

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos