O presente contrato ten por obxecto a contratación dun gabinete de prensa por parte do Consorcio As Mariñas, integrado por Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
A necesidade que resulta preciso cubrir para acadar os fins de servizo ao público asignado a esta entidade é difundir, promocionar e posicionar as actividades que o Consorcio realiza no ámbito das súas competencias. Os obxectivos finais que se pretenden acadar son a mellora na percepción da cidadanía das actividades do Consorcio As Mariñas así como a difusión dos servizos que presta.
Os traballos a realizar consistirán en:
- Redacción e supervisión de notas e comunicados de prensa e a súa transmisión.
- Actuar de interlocutores cos xornais, a fin de facilitarlles aos profesionais as súas tarefas nas distintas áreas e centros dependentes do Consorcio.
- Servizo fotográfico.Elaboración de noticias multimedia, non só de texto, senón tamén con fotografías e audios.
- Elaboración de dossier de prensa para actos públicos, comparecencias, conferencias de prensa, etc.
- Elaboración de informes xornalísticos internos para adoptar determinadas estratexias de comunicación.
- Creación e realización de estratexias comunicativas en xeral e en situacións de crises informativas, en particular.
- Preparación de conferencias de prensa e comparecencias informativas.
- Elaboración de artigos e reportaxes
- Xestionar todas as tarefas relacionadas coa comunicación no caso da celebración de xornadas, seminarios, ….
- Convocatorias de conferencias de prensa.
- Atender os medios de comunicación na súa relación co Consorcio e canalizar as súas peticións.
- Elaboración de estratexias específicas de reportaxes de información para remitir ás revistas e diarios de ámbito rexional e nacional.
- Asesoramento ao Consorcio en materia informativa e de comunicación.
- Facilitar a información redactada para os contidos da páxina web.
Valor estimado del contrato: 39.600€
Presupuesto base de licitación: 26.400€
Fecha fin de presentación de oferta: 02/05/2019
Máis información e pregos AQUÍ