-
O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 31 de outubro e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro -aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti- nun acto público
-
O premio está dotado con 1.000 € e un recordo conmemorativo
O Ateneo de Santiago convoca por segundo ano o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, creado o pasado ano no marco da conmemoración do X aniversario do Ateneo co obxecto de impulsar traballos xornalísticos que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
O Premio Alfredo Vicenti do Ateneo de Santiago está dotado con 1.000 € e un recordo conmemorativo. Poderán concorrer os traballos de calquera xénero periodístico en calquera dos soportes tradicionais ou dixitais que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Poderán participar no Premio as persoas físicas que sexan autoras dos traballos presentados e teñan o xornalismo como principal medio de vida. Os traballos tamén poderán ser propostos, co consentimento do autor ou autores, polos medios nos que foron publicados.
Para participar neste Premio deberanse remitir os traballos, xunto ao formulario de inscrición adxunto, especificando no exterior do sobre o nome do premio ó Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, 15704. Santiago de Compostela).
O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 20 horas do día 31 de outubro de 2019 e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro -aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti- nun acto público.
O xurado estará presidido polo presidente do Ateneo de Santiago, un representante dunha Organización Profesional de Xornalistas, o Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, un representante da Sección de Sociedade da Información do Ateneo, o gañador da última edición do premio e ata dous representantes das institucións patrocinadoras, que son o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña y a Xunta de Galicia.