Convocados os IV Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual

  • Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas premian, un ano máis, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual
  • Coa inscrición aberta ata o próximo 3 de maio, os catro traballos gañadores recibirán un galardón e 1.200 euros

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas premian, un ano máis, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual convocando a cuarta edición dos Premios María Luz Morales. Estes galardons de ensaio e videoensaio sobre audiovisual pretenden avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, ofrecendo aos participantes a posibilidade de facer os seus traballos tanto en formato audiovisual como escrito.

Ata o próximo 3 de maio, as persoas interesadas en concursar na presenta edición dos premios poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional ​a través do correo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal,​ segundo recollen as BASES.

María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980)

Os premios levan o nome dunha xornalista galega que foi pioneira na súa época, ao converterse na primeira directora dun xornal diario estatal, e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais. Morales foi tamén un referente na defensa dos dereitos das mulleres e no galeguismo e foi represaliada e apartada da profesión durante o franquismo.

Escritora e xornalista, especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX, mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.

Carmela Silva​, presidenta da Deputación de Pontevedra, será a anfitrioa da entrega de premios da presente edición. Os catro traballos gañadores recibirán un galardón e 1.200 euros. Os triunfadores da pasada edición foron:

Mellor videoensaio sobre o audiovisual galego: Sara Varela, B​ Positivos​.

 – Peza que analiza empregando o Test de Bechdel todas as películas recollidas no catálogo Films from Galicia, estreadas en salas en Galicia dende o 2013 ata o 2018, e aquelas finalistas e gañadoras dos Mestre Mateo dende o 2002.

Mellor videoensaio sobre o audiovisual internacional: Eire García, ​Propaganda de guerra.​

  – Traballo que reflexiona sobre a representación da cultura da violación na historia do cine considerando o seu protagonismo na configuración dos imaxinarios colectivos.

Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego: Pepe Coira, ​Argumentos de películas.​

– Traballo que parte do libro homónimo editado en Vigo en 1931 e que pasou desapercibido para a historiografía do cine galego e español. O xurado definiuno como unha “descoberta” que se atopa a medio camiño entre o ensaio/investigación e a ficción.

Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual internacional: Xurxo González, ​O palco dum povo: Oliveira 2.0.​

  – Traballo que afonda nun proxecto irrealizado do cineasta Manoel de Oliveira. Abre unha nova perspectiva sobre a importancia do arquivo dixital e a súa relectura.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos