#CorazónDeInvestigadora é boa práctica a favor da igualdade de xénero según a ONU

  • Esta campaña da CRTVG, posta en marcha en 2018 arredor do Día da ONU para a Ciencia e a Paz, tivo como obxectivo rachar prexuízos e visibilizar o labor de mulleres referentes nos seus ámbitos de traballo
  • Recibiu, además, un Premo Paraugas do Cluster da Comunicación Gráfica o ano pasado á mellor práctica en la comunicación da RSC

O Pacto Mundial das Nacións Unidas seleccionou a campaña de Responsabilidade Social Corporativa #CorazónDeInvestigadora, posta en marcha pola CRTVG no mes de novembro do ano pasado, como boa práctica no marco da súa Semana pola Igualdade de Xénero.

Esta semana temática ten dous obxectivos clave: por un lado, sensibilizar o sector público, o sector privado e a sociedade civil da importancia de traballar e xestionar a igualdade de xénero a nivel interno e externo, e, polo outro, difundir exemplos prácticos e reais para que sirvan de inspiración a outras organizacións.

Un destes exemplos destacados por Pacto Mundial é a campaña 360º dos medios públicos galegos que tivo lugar durante unha semana arredor do Día da ONU para a Ciencia e a Paz (10 de novembro). O seu obxectivo foi rachar prexuízos e visibilizar invetigadoras reais, referentes nos seus ámbitos de traballo, propoñéndoas como modelos para nenas e mozas que aínda non decidiron o seu futuro.

A campaña #CorazónDeInvestigadora contou coa colaboración das tres universidades galegas e a participación de máis dunha ducia de investigadoras, profesionais e alumnas do ámbito STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts, and Maths), que se implicaron e ofreceron os seus exemplos co fin de espertar vocacións científicas, técnicas e artísticas entre as nenas galegas.

Esta acción enmarcouse no territorio de Comunicación de RSC da CRTVG e, entre outras accións, contou cun anuncio difundido nos diferentes soportes de Televisión de Galicia, Radio Galega, as redes sociais da Corporación e o seu portal web www.crtvg.gal, cun microsite que recolle o anuncio e todos os vídeos das protagonistas.

#CorazónDeInvestigadora foi deseñada e producida integramente con medios propios da Corporación e, xunto a outras campañas de Responsabilidade Social postas en marcha pola CRTVG en 2018, recibiu o Premio Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia, concedido polo Clúster Galego de Comunicación Gráfica para distinguir as mellores campañas, estratexias de creatividade, deseño, artes gráficas e editorial e accióans de mercadotecnia e comunicación de Galicia.

A CRTVG é desde decembro de 2011 socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas, co compromiso de potenciar a responsabilidade social corporativa a través da incorporación ás accións cotiás da Corporación de dez principios básicos de conduta homologados en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio natural e loita contra a corrupción.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos