CRTVG celebra o Día Mundial da Radio co lanzamento do proxecto Medio Bolo

  • A Radio Galega sairá a rúa para convidar á participación da audiencia e recoller as súas impresións sobre a canle e visitará a radio do CEIP Santa Comba
  • Os programas da TVG ‘A revista’ e ‘Fun polo aire’ emitirán parte dos seus contidos, en directo, desde os estudios radiofónicos da emisora

A CRTVG celebra o Día Mundial da Radio cunha programación especial na Radio Galega e as súas canles dixitais, ás que se sumará tamén a Televisión de Galicia, desde o seu espazo da mañá ‘A revista’ e o ‘Fun polo aire’ da tarde.

Deste xeito, e para celebrar esta data en que se quere contribuír ao prestixio da radio como medio de comunicación en todo o mundo, a Radio Galega lanzará oficialmente o proxecto Medio Bolo, coa emisión ás 22.00 h. do primeiro dos concertos de curta duración -neste caso, o proxecto de fusión de Baiuca e Aliboria- que se gravan no estudio de produción da emisora en San Marcos, e que se poderá seguir a través das redes sociais da Radio Galega e do ‘Diario cultural’. Na web estará a disposición dos usuarios o día seguinte.

Se trata dunha xornada participativa en que se emitirán mensaxes enviadas polos oíntes en que explicarán a súa relación coa Radio Galega, e en que os programas ‘Galicia por diante’ e ‘A tarde’ sairán á rúa para coñecer, en directo, a opinión da audiencia e a súa relación coa radio. O ‘Galicia por diante’ visitará a radio do CEIP de Santa Comba, e emitirá en directo un fragmento do programa escolar. Ademais, o magazine matinal ofrecerá unha entrevista co xornalista e escritor Xosé Luís Blanco Campaña, figura clave na fundación da radio pública galega.

Desde a TVG, o magazine da mañá ‘A revista’, que xa fai unha conexión diaria cos compañeiros da RG no ‘Galicia por diante’, visitará os estudios da radio, desde onde a presentadora, Loli Gómez, fará un fragmento do programa en directo. Xa pola tarde, o programa ‘Fun polo aire’ tampouco perderá esta celebración e visitará a redacción e os estudios da Radio Galega.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos