tvg-youtube

CRTVG, primeira autonómica en ofrecer contido en Youtube

  • A corporación de radio e televisión pública galega posiciónase como a primeira autonómica de España en lanzar unha canle integramente a través de Youtube
  • Dende esta semana a CRTVG ofrece contido e emisión en vivo no sitio web as 24 horas do día durante os 7 días da semana,

Corporación Radio Televisión de Galicia segue adiante coa súa ofensiva dixital de creación de novos canles, tralo desembarco en Twitch e LinkedIn. Agora a quenda é para YouTube, e dende este luns a radio e televisión pública galega emite ininterrompidamente o seu sinal internacional. De esta forma a CRTVG convértese na primeira canle autonómica, e unha das primeiras televisións xeneralistas de España, en ofrecer contido e emisión en vivo en YouTube as 24 horas do día, os 7 días da semana.

Unha acción que ten como obxectivo mellorar a experiencia de consumo para todos os usuarios e contribuir a difusión da lingua e a cultura galega, especialmente para aqueles que se atopan fóra de Galicia.

A través da canle verificada da CRTVG en YouTube, calquera persoa pode acceder ao sinal en directo da canle TVG Europa, ademais dun amplo repositorio de contidos propios elaborados en TVG. A esta oferta engádeselle a emisión en directo dos eventos máis demandados polos espectadores, como os partidos de fútbol dos equipos galegos que xogan na Segunda B e na Terceira división.

Pílulas de contidos

A canle conta tamén con contidos orixinais creados pola redacción de informativos, como a sección #Menosdunminuto, que explica en 60 segundos a noticia máis destacada do día ou unha versión especial para YouTube da canle #Dígochoeu, con máis de 480 vídeos e 150.000 seguidores. Na canle tamén se incluirán vídeos especiais cos momentos máis divertidos e entrañables de programas como ‘Land Rober Tunai Show’ ou ‘Luar’.

“Es una gran noticia ver cómo el mundo audiovisual y las prueban nuevos formatos y nuevas maneras de llegar a sus audiencias o hacer crecer éstas para lograr una audiencia global. Nosotros en YouTube estamos felices de poder ayudar a la Corporación Radio Televisión de Galicia a avanzar en el desarrollo de su canal”.

Vicky Cazalla, TV & Film Partner Manager de YouTube España 

“O obxectivo é que se poida acceder e interactuar cos contidos informativos e de entretemento de Galicia desde calquera parte do mundo. Sen dúbida, a mellor opción é a colaboración con Youtube, a maior plataforma de vídeo mundial que nos achega difusión, interacción e a mellor tecnoloxía para ver todo o que facemos nas mellores condicións”,

José Pereira, director de Innovación e Negocio da CRTVG

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos