O Nadal é unha das datas máis máxicas para os pequenos da casa. Luces do Nadal, decorar o fogar, poñer a árbore… Tradicións que repetimos ano tras ano. En Larsa este ano queren facer do Nadal unha festividade máis sostible e Larseira á vez, e por iso lanzan campaña navideña nas súas redes sociais para que este Nadal ninguén se quede sin agasallo. A idea, ademáis, é promover á sostenibilidade, e por iso propoñen a reutilización do seu icónico vasiño de iogur coma campá decorativa das árbores de Nadal.
Unha acción promocional acometida por Bysidecar en forma de concurso, no que a marca de produtos lácteos galegos sortea tres cestas entre os seus usuarios.
Como participar
1. Rexistrarse
Seguir a Larsa en Instagram e cubrir o formulario na web aquifacemoloasi.es. O usuario recibirá por email a guía para facer a campá Larseira paso a paso!
2. Crear a campá
Seguir os pasos da guía para elaborar a campá, colgala da árbore e tirarlle unha foto.
3. Ensinarlla ao mundo!
Subir a foto ás historias de Instagram, mencionando a @leite_larsa e engadindo o hashtag #AquíFacémoloAsí.
As campás xa están lucindo nos fogares galegos e no perfil de Instagram da marca. O sorteo realizarase o 20 de decembro e os gañadores daránse a coñecer o día 29.