'Déitate', a nova proposta de humor da Radio Galega para as madrugadas da fin de semana

  • Carlos Jiménez presentará e dirixirá este novo espazo cada sábado e domingo de madrugada, de 00.00 a 01.00 horas
  • Con variadas seccións, incluirá monólogos, imitacións, sketchs e curiosidades cun ton branco e familiar, pero tamén orientado á rapazada de hora golfa

A Radio Galega estrea ‘Déitate‘ da man do presentador e director da casa Carlos Jiménez, que convidará os oíntes a que se “deiten” con el cun sorriso na faciana mentres o escoitan. Cada sábado e domingo de madrugada, de 00.00 a 01.00 horas, ‘Déitate’ será un espazo desenfadado con monólogos, imitacións, sketchs e curiosidades cun ton branco e familiar, pero tamén orientado á rapazada de hora golfa, insomnes e o que marcha tarde á cama ou quere quedar un cachiño máis escoitando a radio porque non madruga ao día seguinte. Pero non só haberá humor, o entretemento vai ser a punta de lanza do programa.

Jiménez contará cada semana con convidados especiais e con Roi da Costa e Brais Doval como colaboradores fixos e Fran Cañotas de maneira ocasional. Coa participación imprescindible do profesional da creatividade radiofónica, Ernesto Mosquera, camiñarase -pegados ás RRSS- entre risos e anécdotas por un programa dunha hora dinámica e entretida para calquera que enganche a radio sexa o momento que sexa.

‘Déitate’ contará con moitas seccións: Deportillando, personaxes imitados partillando con humor do deporte semanal; Errantes, erros e gazapos tanto en radio, tele como en prensa galegos e nacionais; Válgame, un espazo tipo Sálvame co máis destacado do corazón; Gastrónimos, lugares e receitas para comer máis ou menos anónimos coa participación de Ferrá Adriá; O que non me pase a min, anécdotas que lle ocorreron aos colaboradores, Hai un Galego na Lúa: alí onde hai unha noticia, hai un galego polo medio fixo! ou Que pasa nas Redes, onde repasarán o máis destacado nas RRSS.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos