- A XIX edición premiou tamén a Rodrigo Vázquez como Mellor Comunicador polo programa da TVG Quen anda aí?
- A película Ons, dirixida por Alfonso Zarauza, foi a gran triunfadora da noite premiada en nove categorías, incluída a de mellor longametraxe
O spot “Desde o mar” feito para a Consellería do Mar da Xunta de Galicia por Juan Galiñanes e Kaito Estudios logrou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Anuncio Publicitario. A Academia Galega do Audiovisual premiouno por diante dos outros tres anuncios candidatos: #NonVasPoderConNós, “Aquí facémolo así” e “O rural vive”.
“Desde o mar” é un anuncio que, a través dun formato de narrativa documental, mostra a artesanía e responsabilidade da pesca de arrastre galega. O seu obxectivo non é outro que perseguir unha diferenciación na normativa por parte de Bruxelas respecto a as prácticas pesqueiras do norte de Europa.
No ámbito da televisión, a XIX edición dos Mestre Mateo elixiu como Mellor Comunicador a Rodrigo Vázquez polo programa da TVG Quen anda aí? e como Mellor Programa de Televisión a Cinephilia, de Noveolas Producciones e Telemiño.
Pero a gran triunfadora da noite foi a película “Ons”, de Alfonso Zarauza, que resultou gañadora en nove das categorías polas que optaba a premio, entre elas a de Mellor Longametraxe, Mellor Interpretación Femenina Protagonista e de Reparto, para Marta Lado e Melania Cruz, respectivamente, e Mellor Interpretación Masculina Protagonista para Antonio Durán “Morris”. Mentres que A Illa das mentiras, dirixida por Paula Cons, obtivo cinco galardóns, entre eles o de Mellor Dirección. Nación, de Nós Produtora Cinematográfica Galega coa partipación da TVG foi elixido como mellor documental e Néboa, de RTVE e Voz Audiovisual, como mellor serie de televisión.
GAÑADORAS XIX PREMIOS MESTRE MATEO
MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO: DESDE O MAR (Juan Galiñanes e Kaito Estudios)
MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN: CARNE (Abano Producións, S.L.)
MELLOR CURTAMETRAXE DE IMAXE REAL: XOVES DE COMADRES (Islandia Producciones)
MELLOR DOCUMENTAL: NACIÓN (Nós, Productora Cinematográfica Galega, S.L. coa participación da Televisión de Galicia)
MELLOR LONGAMETRAXE: ONS (Maruxiña Film Company e Bando Á Parte coa participación da Televisión de Galicia)
MELLOR PROGRAMA TV: CINEPHILIA (Capítulos 20-52) (Noveolas Producciones e Telemiño)
MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN: NÉBOA (CAP. 1-8) (RTVE e Voz Audiovisual)
MELLOR SERIE WEB: XAN (CAP. 1-3) (Lucía Estévez e Miguel Canalejo)
MELLOR VIDEOCLIP: MUINHEIRA DE INTERIOR, Boyanka Kostova (Xaime Miranda)
MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN: RODRIGO VÁZQUEZ (Quen anda aí?, Caps. 1-149)
MELLOR DIRECCIÓN: PAULA CONS (A Illa das Mentiras)
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE: ANTONIO PEREIRA (A Illa das Mentiras)
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: ALBERTE BRANCO (AEC) (Ons)
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: TAMARA SOTO (Ons)
MELLOR GUIÓN: ALFONSO ZARAUZA e JAIONE CAMBORDA (Ons)
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO: MARTA LADO (Ons)
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: MELANIA CRUZ (Ons)
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO: MILO TABOADA (A Illa das Mentiras)
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: ANTONIO DURÁN «MORRIS» (Ons)
MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: RAQUEL FIDALGO e PATRICIA VILELA (A Illa das Mentiras)
MELLOR MONTAXE: FERNANDO ALFONSÍN (Ons)
MELLOR MÚSICA ORIXINAL: ORQUESTRA FUGAZ DE IMPROVISACIÓN (9 Fugas)
MELLOR REALIZACIÓN: MARCOS ESTEBO, DIEGO GUERRERO e MÓNICA ARES (Cos pés na terra, Caps, 109-121)
MELLOR SON: SÉRGIO SILVA e DAVID MACHADO (Ons)
MELLOR VESTIARIO: EVA CAMINO (A Illa das Mentiras)