“Destino Santiago” gaña o premio Celtic Media Festival á Innovación

  • O programa da TVG, que foi o primeiro en introducir en España o concepto de “Slow TV, competía con tres producións da BBC, unha da irlandesa RTE e outros tres proxectos independentes
  • A primeira edición de ‘Destino Santiago’, co traxecto de Roncesvalles a Compostela na primavera de 2017, acadou cen millóns de visualizacións e 2,8 millóns de interaccións desde 30 países en Twitter

O proxecto multimedia da Televisión de Galicia ‘Destino Santiago’, a primeira grande experiencia en España da chamada slow TV, foi galardoado co premio Celtic Media Festival á Innovación. 

O programa se enfrontou con tres producións da BBC, unha da irlandesa RTE e tres proxectos independentes e o galardón foi recollido polo Director de Contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea, nunha gala celebrada en Llanelli, Gales.  

Fuente: CRTVG

O Celtic Media Festival, destinado a difundir e recoñecer os traballos de radiodifusión e audiovisual, é unha competición internacional que reúne os principais xéneros de contidos en televisión, radio, cine e medios dixitais. É un festival único que reúne profesionais consagrados con talento emerxente para amosar o que se está a facer nos territorios marcados pola cultura celta. Ao festival presentáronse este ano máis de 500 candidaturas, entre elas outras dúas producións da TVG, ‘Dalia, a modista’ e ‘Celtic dance’.

Os medios públicos galegos foron o ano pasado os primeiros en introducir en España e culminar con éxito a coñecida como ‘slow tv’, concepto implantado pola canle pública norueguesa NRK en 2009.

A primeira edición de ‘Destino Santiago’, co traxecto de Roncesvalles a Compostela na primavera de 2017, acadou cen millóns de visualizacións en Twitter e 2,8 millóns de interaccións desde 30 países nesta rede social. ‘Destino Santiago’ está producido por Starplanning para a Televisión de Galicia.

Actualmente, a segunda edición deste espazo transmedia retransmite en directo a peregrinaxe ata Fisterra de Susana Seivane e David Perdomo.

Son máis de 10 horas de televisión ininterrompidas e transmedia, en streaming pola web da CRTVG e a través de todos os soportes dos medios públicos (TVG, Radio Galega, web e redes sociais). O proxecto complétase cunha páxina web propia do programa e nas redes sociais coa conta @Destinostgo e co cancelo #destinoSTGO.

 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos