galicia-destino-sostible-viaxe-prensa

Xornalistas de viaxes de medios nacionais e estranxeiros valoran moi positivamente a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’

  • A iniciativa estivo organizada polo Clúster de Turismo de Galicia e participaron preto de dez profesionais nun fan trip para dar a coñecer a plataforma 
  • “Galicia Destino Sostible” é unha iniciativa da Xunta de Galicia para integrar a oferta de turismo sostible da Comunidade e xa conta con máis de 80 empresas adheridas e máis de 150 produtos

O Clúster de Turismo de Galicia organizou esta pasada semana unha viaxe de prensa na que preto de dez xornalistas especializados en viaxes de medios nacionais e internacionais puideron coñecer ‘Galicia Destino Sostible’, unha iniciativa que cualificaron a iniciativa de “moi positiva”.

A plataforma, froito da colaboración ente o Clúster e a Xunta de Galicia, arrincou en xullo de 2021 co obxectivo de integrar a oferta de turismo sostible da comunidade. Hoxe ofrece xa máis de 150 produtos e conta con máis de 80 empresas adheridas. A variedade da oferta e os atributos de Galicia como destino sostibles foron outros dos aspectos destacados polos participantes no press trip.

Desde o pasado 4 de outubro e ata hoxe un total de 7 profesionais de ABC Viajar, National Geografic Historia, Revista RENFE, Gente Viajera-Onda Cero, Fugas Portugal, BBC e os Blogs El Mundo Alrededor e El Asombrario tiveron a oportunidade de vivir algunhas das experiencias que ofrece ‘Galicia Destino Sostible’. 

Os lugares de visita escollidos foron algunhas das zonas menos coñecidas e non incluídas habitualmente en paquetes turísticos. Os e as xornalistas comezaron a viaxe na Mariña Lucense cunha visita ás minas da Pontenova. Ademais, visitaron nesta zona a localidade de Ribadeo, a praia das Catedrais, o mirador do Fuciño do Porco e o xeoparque de cabo Ortegal. O seguinte destino foi a localidade coruñesa de Betanzos cun paseo polo Parque do Pasatempo.

Ademais, de gozar da contorna natural, os integrantes do press trip realizaron o Camiño natural da Ruta do Cantábrico en tren, visitaron un taller de artesanía de Sanandresiños en San Andrés de Teixido e navegaron pola ría de Betanzos en veleiro. A experiencia completouse coas paradas para poder degustar a gastronomía local e a estadía en aloxamentos, tanto de empresas adheridas á plataforma, como doutras que comparten os mesmos valores da iniciativa: o compromiso coa sustentabilidade e o local, o compromiso ambiental e o compromiso co bo goberno, transparencia e boas prácticas.

Galicia Destino Sostible’ é unha plataforma pensada para conectar empresas e viaxeiros que buscan unha experiencia comprometida co desenvolvemento local, co bo uso dos recursos naturais e o apoio á cultura, o patrimonio histórico e a tradición. Toda a oferta está dispoñible no portal galiciadestinosostible.com onde se poden atopar desde roteiros en bicicleta, barco ou a pé, ata paquetes que combinan elementos como gastronomía, aloxamento, enocultura, deporte e aventura, pasando por escapadas singulares ou o astroturismo.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos