- A compañía santiaguesa experta en dominios e hosting, é distinguida co Premio Axians como entidade galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións e que aposta polo capital humano galego na comunidade
- O Proxecto Smilink, desenvolvido por Damián Vázquez Lavandeira, recibe o Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais; o Proxecto Aldeas Intelixentes de AGADER, posiciónase como o Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ven de otorgar os seus Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022. Unhas distincións que buscan recoñecer o traballo das persoas e empresas punteiras galegas no desenrrolo de infraestructuras intelixentes de telecomunicacións. Neste 2022 unha das maiores recompensas recíbea a empresa compostelana experta en hostings e dominios, Dinahosting.
Un recoñocemento en forma de Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións durante máis de vinte anos. Tívose en conta tamén a súa aposta polo capital humano galego, creando emprego estable e de calidade dentro da comunidade autónoma. E que non hai que esquecer que en Dinahosting traballan desde Galicia para o mundo, sendo además un dos hosting máis fiables do planeta.
Palmarés ao completo
Nos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022, tamén foi distinguido o Proxecto Smilink de Damián Vázquez Lavandeira. Recibe o Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais pola súa evidente utilidade para a integración social e a axuda á non desconexión da sociedade, das persoas maiores con problemas de mobilidade ou illamento.
O Proxecto Aldeas Intelixentes de AGADER, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, é outro dos premiados deste ano. Recibe o recoñecemento Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra. Unha iniciativa que trata de garantir a dixitalización e a redución da fenda dixital en contornas rurais da man de solucións sustentables que teñan o menor impacto.
O palmarés 2022 o completa Ricardo Fernández Fernández co Premio Enxeñeiro do Ano. Tamén Javier Rey Domínguez co Premio ao Mellor Expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2021/2022.