oferta-arela

Arela busca Perfil Junior para Xestión de RR.SS. e Creación de Contidos <> Lugo/Ourense

En Arela Comunicación Sostible, queren sumar unha persoa ao seu equipo como Xestor@ de Redes Sociais e Creador@ de Contidos. Prefiren un Perfil Junior, que conte con algunha experiencia e con moitas ganas de traballar e aprender.

Funcións:
  • Xestión de redes sociais e creación de contidos (para blogs, páxinas web, tendas en liña, redes sociais, email márketing…).
  • Cando leves un tempo traballando, implicación na xestión de proxectos e colaboración no deseño das estratexias.
Requisitos:
  • Usuari@ activo de redes sociais. É importante que coñezas o funcionamento das redes sociais principais e que teñas a capacidade de adaptarte e aprender nun entorno que cambia todos os días. Se xestionas algunha comunidade en redes sociais, indícao no teu currículo ou no correo que nos envíes.
  • Escribir ben en galego e castelán. Ter a capacidade de crear textos para o mundo online. Se escribes nun blog ou creaches contidos para algunha web, cóntanolo.
  • Capacidade de crear contido multimedia.
  • Persoa activa, con iniciativa propia e ganas de compartir ideas/solucións co equipo.
  • Capacidade para participar en diferentes proxectos a un tempo.
  • Sensibilidade ou interese por proxectos vinculados ao territorio, desenvolvemento rural, turismo sostible, comercio electrónico e iniciativas con impacto social.

Arela Comunicación Sostenible, desenvolve o seu traballo desde Os Ancares e O Ribeiro. Traballan en remoto e desde sitios “remotos”, polo que ti tamén poderás vivir onde queiras. Tan só un, ou dous días ao mes, terás que traballar dende oficina. Se esta oferta de emprego encaixa co teu perfil, envía o teu currículo a ola@arela.gal.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos