Nasas busca un redactor de contidos dixitais (A Coruña)

Na axencia Nasas están buscando unha nova persoa con incorporación inmediata na sua sede da Coruña e para desenvolver tarefas no eido do marketing online como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e SEM, xestión da reputación online e escoita activa.

Requisitos:

– Estudos superiores: Licenciatura, preferiblemente en Comunicación, Filoloxía, Publicidade.
– Redacción creativa e capacidade de conceptualización.
– Experiencia mínima de 4 anos en cliente ou axencia xestionando contas en redes socias para grandes marcas: contidos, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que levaras para marcas, empresas, entidades, etc.
– Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (Imprescindible). Bo coñecemento do inglés, falado e escrito.
– Usuario frecuente de redes sociais Facebook, Twitter, Instagram, Linkedin e Youtube.
– Creatividade, curiosidade, proactividade, responsabilidade, autonomía.
– Experiencia mínima en xestión de wordpress e redacción de contidos para blog.

Desexable:

– Experiencia en xestión de campañas Paid Social e SEM (Adwords).
– Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.
– Coche e carné de conducir.

Ofrecen:

– Bo ambiente de traballo.
– Salario según experiencia e valía do candidato.
– Incorporación inmediata.

Podes enviala tua solicitude co teu CV e con exemplos de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quén es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (max 6 liñas) a info@nasassocialmedia.com co asunto REF. Vacante Nasas Contidos dixitais antes do 4 de febreiro de 2019.

Máis información aquí.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos