Empresa Familiar nas Aulas

«Empresa Familiar nas aulas» fomenta en 2023 o emprendemento de 700 moz@s

Galicia está entre os territorios con menor actividade emprendedora de España. Así o acredita o informe executivo do Global Entrepreneurship Monitor Galicia (GEM Galicia) 2020-2021. Un estudo que sitúa a nosa comunidade no 11ª posto de 17 autonomías. Para intentar revertir a situación, 700 moz@s de ESO, bacharelato e FP de 17 centros educativos galegos, participarán no programa «Empresa Familiar nas aulas».

Unha iniciativa impulsada pola Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) e Afundación, a Obra Social de ABANCA. Trátase da terceira edición do proxecto educativo que persigue fomentar o emprendemento e o acercamento dos rapaces galegos ás empresas da comunidade. En tres anos, o plan xa ten duplicado o número de estudantes e centros educativos que participan no seu desenvolvemento.

«Empresa Familiar nas aulas» fomenta o emprendemento da mocidade a través de faladoiros con 17 empresari@s familiares. Algunhas das compañías participantes este ano son: Lence, Cafés Candelas, Lodiel, Pérez Rumbao, Babé y Cía, Severiano Servicios Móviles, Congalsa, Altia, Aluminios Cortizo, Terras Gauda, Revi, Jealsa, Nogar, Aresa, Aceites Abril, Regueira e Galuresa. O proxecto inclúe visitas dos rapaces ás empresas e a participación no concurso Imaxina a túa Empresa.

Este último permite ao alumnado enrolarse nun traballo de creación dunha nova empresa en Galicia. Pode ser de calquera sector ou actividade económica, no que deben incluír a idea, un breve plan de negocio e obxectivos da nova compañía. Nas anteriores edicións foron galardoados alumnos de 4º da ESO de San José Cluny (Santiago de Compostela) e o alumnado de 1º de bacharelato do centro Divina Pastora (Ourense). Foron distinguidos polas iniciativas de creación dunha empresa que xera enerxía a partir de facer exercicio na casa; e de creación dun podcast sobre saúde mental para xerar espazos seguros para a mocidade.

Foto: Punto GA / M. Riopa. 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos