acordo-markea-appm

En marcha o eixo Galicia-Portugal de Marketing grazas a Markea e APPM

  • Markea e a APPM, Associação Portuguesa de Profissionais de Marketing, asinan un acordo de colaboración para potenciar as relacións entre empresas galegas e portuguesas a través do marketing
  • O acordo inclúe o intercambio e desenvolvemento de actividades conxuntas, a visibilización dos profesionais en eventos e a colaboración en estudos e investigacións

A colaboración entre empresas galegas e portuguesas a través dos seus departamentos de marketing xa é unha realidade. A Asociación Galega de Marketing (Markea) e a Associação Portuguesa de Profissionais de Marketing (APPM), poñen en marcha un eixo Galicia-Portugal resultante da sinatura dun acordo de colaboración entre ambos organismos.

Os presidentes de ambas entidades, Xose Luis Reza de Markea e Carlos Sá de APPM, eran os encargados de plasmar no papel esta colaboración. Nela búscase beneficiar aos seus asociados e as empresas representadas. Un acordo que inclúe o intercambio e desenvolvemento de actividades conxuntas e a visibilización dos profesionais galegos e portugueses en eventos organizados de forma conxunta. Sen esquecer a colaboración en estudos e investigacións de interese mutuo na área de marketing para contribuír ao fortalecemento de todo o sector.

Sinatura con sabor a Rías Baixas

A sinatura tivo lugar nas Bodegas Martín Códax de Cambados. Alí os socios de Markea puideron desfrutar dunha masterclass a cargo de Carlos Sá, na que deu conta das reviravoltas do sector do marketing en Portugal, e na que invitaba aos profesionais galegos a estreitar lazos e a colaborar cos seus socios portugueses.

Temos moito que aprender dos nosos irmáns marketinianos. Este acordo serviranos para achegarnos a un país que está moi preto, pero do que sabemos pouco. É unha gran oportunidade para nós como profesionais e para as empresas, dun e doutro lado da raia«.

Xosé Luis Reza, Presidente de Markea


Associação Portuguesa de Profissionais de Marketing (APPM)

Foi creada en 1967 baixo a denominación de Sociedade Portuguesa de Marketing. Naceu co obxectivo de fomentar un mellor coñecemento do papel que desempeña o marketing para contribuír a súa promoción, desenvolvendo un espíritu de colaboración entre os seus profesionais.

O que entón foi unha iniciativa pioneira é hoxe unha institución de referencia no país. Asume como misión promover o desenvolvemento do Marketing nas empresas e institucións, así coma entre os seus profesionais. O obxectivo non é outro que contribuir ao desempeño da competencia, da economía e da sociedade en xeral. A APPM é membro de EMC, a Confederación Europea de Marketing.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos