EnSerie-tvg

EnSerie, o “Netflix” galego da CRTVG adiántase a emisión en TDT

  • O portal EnSerie.gal creado pola corporación de radio e televisión pública galega, permite visualizar capítulos de estrea antes da súa emisión en TV
  • EnSerie.gal será substituída en breve pola OTT propia da CRTVG, onde se poderá gozar de todos os contidos de ficción da televisión publica galega

EnSerie.gal xurdía no 2020 en pleno confinamento para entreter os galegos nos momentos mais duros da pandemia. Ahora o portal da un paso mais e estrea ós últimos capítulos das series actuáis da TVG nesta canle antes da súa emisión na televisión.

A Galega continúa a explorar outras vías para achegarse ás necesidades dos novos consumos audiovisuais que aprecian a liberdade de elixir á carta os contidos.  E por iso, na liña doutras plataformas de canles públicas, presta este servicio de maneira totalmente gratuita. Unha web que ademáis lle da unha nova vida ás series da TVG e que se torna coma fundamental dentro da estratexia de posicionamento dixital que está levando a cabo o ente público.

“O Netflix galego”

EnSerie.gal é o portal das series de ficción galegas en que se amosan as producións actuais e históricas emitidas na Televisión de Galicia. Dende ‘Mareas vivas’‘Pratos combinados’ ‘Matalobos’ ata os éxitos máis actuais como ‘Auga Seca’‘Serramoura’, ‘A lei de Santos’‘A estiba’, ‘Vidago Palace’ e ‘Método criminal’… O portal permite visualizar centos de episodios das series con máis repercusión na historia da TVG

Esta canle en liña será substituída a curto prazo pola OTT propia da CRTVG, onde se poderá gozar de todos os contidos de ficción da TVG.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos