Nasas, axencia creativa dixital da Coruña, acaba de abrir a convocatoria do seu Proxecto Probono 2023. Trátase dunha iniciativa de RSC que a axencia desenvolve anualmente e totalmente de balde. Unha maneira de axudar desinteresadamente a entidades sen ánimo de lucro, para que poñan en marcha unha acción de marketing que mellore a súa comunicación.
Grazas ao Proxecto Probono de Nasas, son varios os servizos aos que estas entidades poden acceder. Desde estratexia de marketing, plan de social media ou formación en marketing online, ata campañas de publicidade, imaxe corporativa ou creatividade dixital… Todo isto contando co aval dos anos de experiencia da axencia de A Coruña, recentemente escollida no “Top 100 das Mellores Axencias do Ano 2022” e no “Top 10 de Eficacia” a nivel estatal.
O proceso de presentación de solicitudes está aberto
Os requirimentos para as entidades son que teñan un fin social ou cultural sen ánimo de lucro, que os seus ingresos anuais sexan inferiores aos 750.000 euros e que teñan sede na provincia da Coruña.
Valoraránse aquelas entidades que desenvolvan a súa actividade de maneira comprometida cos mesmos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que a axencia.
A solicitude pode presentarse a través dun formulario accesible desde a web da axencia antes do 31 de maio de 2023.
¡Consulta aquí toda a información sobre o Proxecto Probono!