premios publicidade en galego

Estes son os gañadores dos Premios de Publicidade en Galego

  • A campaña do Concello de Vigo e Aqualia venceu en radio, e “Fillos  do Atlántico” de Martín Códax en prensa escrita
  • Grupo Cuevas logrou o reconoñecemento na internet e o Colexio Oficial de  Psicoloxía de Galicia en televisión coa campaña de 100×100 Creatividad + Comunicación

Convocados pola Cámara autonómica, a Secretaría  Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador, xa coñecemos os gañadores da XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego. Nun acto celebrado no Parlamento e retransmitido en liña, recolleronse os galardóns nas categorías de radio, prensa, Internet e televisión.

En radio, o galardón recaeu nunha campaña do Concello de Vigo sobre a xestión da auga na cidade. Unha campaña realizada por Ecovigo, en colaboración coa empresa concesionaria do subministro de auga en Vigo, Aqualia. Cinco anuncios de radio que destacaban de forma sinxela a alta calidade do auga de Vigo baixo o claim “A auga en Vigo ten unha fórmula especial: H2Ohh!”.

En prensa escrita, o premio foi para a adega Martín Códax e a súa campaña «Fillos  do Atlántico», por «visibilizar e defender a lingua tanto na prensa galega como na estatal».

Na internet, o Grupo Cuevas e Neozink venceron con “Gústame ir ao  súper”, onde destaca «a normalidade, a coherencia e o compromiso» co galego, asegura o xurado.

A axencia 100×100 Creatividad + Comunicación foi a encargado de realizar a campaña “Non é un tabú,  é a vida. Falamos?” para o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, premiada na categoría de televisión por «incidir na normalización do galego no ámbito profesional da psicoloxía».

Ademais, Andrea Miñones, a alumna do IES Leixa María Saes de Ferrol, obtivo o premio especial ao alumnado no ámbito educativo polo seu traballo audiovisual e de concienciación ambiental “Somos 60 %  auga”.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos