Estratexia e plan de medios para unha campaña de ámbito galego contra a violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade, co obxecto de desenvolver actuacións de sensibilización e prevención contra a violencia de xénero, considera necesario desenvolver unha campaña de publicidade e comunicación institucional coa pretensión de que as mensaxes que se quere transmitir cheguen ao meirande número posible de público.

O obxecto deste contrato é o desenvolvemento dunha campaña publicitaria en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero, o que implica a definición da estratexia de medios e soportes para desenvolver a dita campaña publicitaria a nivel autonómico coa finalidade de concienciar a toda a sociedade sobre a necesidade de previr e loitar contra a violencia de xénero, o rexeitamento ao maltratador e a consideración das vítimas, tendo en conta que esta violencia constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre mulleres e homes. A campaña desenvolverase en dous períodos do ano focalizando as mensaxes en cada un deses períodos na mocidade e nas mulleres que residen no medio rural.

Orzamento base de licitación: 950.000,00 con IVE.

Presentación de ofertas ata: 17/04/2019 ás 14:00  h.

Máis información neste link.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.