-
Buscan homes e mulleres con idades comprendidas entre os 35 e os 60 anos
-
O casting terá lugar na Coruña o vindeiro martes 14 de maio
Estrella Galicia busca figurantes para a súa nova campaña, e para atopalos convoca un casting na Coruña. Nesta ocasión, necesitan homes e mulleres con idades comprendidas entre os 35 e os 60 anos.
Os perfís para interpretar son traballadores de banca, estilo yupie, así como looks pesqueiros e obreiros. Para iso, na convocatoria especifican que favorecerá presentarse á proba acorde ás necesidades do casting.
Data: Martes 14 de maio de 2019.
Lugar: Club Financiero Atlántico. Avda. Salvador de Madariaga, 76. A Coruña.
Horario: 15.30h A 20.30h.
A rodaxe terá tamén lugar na Coruña os días 29 e 30 de maio.