- Radio Galega, disfruta xa do seu novo estudio multimedia no que se produce o 80% da súa emisión diaria en directo
- O novo espazo está deseñado para incorporar a multicanalidade da radio, televisión e redes nun só escenario
O novo Estudio 5 no que traballan xa os profesionais da Radio Galega é un exemplo de espazo 5.0 que demostra o avance tecnolóxico do que se está a beneficiar a CRTVG nesta quinta revolución industrial que estamos a vivir. Un lugar de traballo acondicionado para a emisión e grabación de todo tipo de eventos con público, xa sexan concertos ou outros proxectos que aterren en novos formatos.
A Radio Galega xa é multiplataforma
Con esta nova infraestructura a Corporación de Radio e Televisión de Galicia continúa coa súa transformación dixital na súa sede central en San Marcos (Santiago). Este novo estudio fortalece a converxencia definitiva entre radio, televisión e Internet, por elo RG emite xa dende alí o 80 % da súa emisión diaria en directo. Deste xeito, a Radio Galega convértese en multiplataforma, emitindo en imaxe para radiogalega.gal, YouTube da TVG e Facebook Live.
Agora os programas de Radio Galega serán emitidos en directo ou diferido por Televisión de Galicia ou en calquera das canles dixitais da CRTVG. Farano en calidade broadcast desde un espazo creado ad hoc. O primeiro programa en estrear este estudio foi ‘Galicia por diante’. Posteriormente sumáronse os espazos ‘A crónica-Faladoiro’, ‘Pensando en ti’, ‘A bóla extra’ e a ‘A crónica’.
Chegar a todos os públicos nas canles onde se atopan é o obxectivo da CRTVG. Para conseguilo se achega, desde a radio e a televisión ás novas linguaxes, ás novas canles e á innovación tecnolóxica. O ente público complementa así a comunicación e diálogo cos públicos da Corporación nas redes sociais e portais web.