“FalAI” busca voces en galego para adestrar chatbots

  • Balidea, en colaboración coa Universidade de Vigo, lanza o Reto falAI para que asistentes conversacionais coma Siri ou Alexa entendan galego, axuden a conservar a lingua e asistan as persoas dixitalmente máis vulnerables
  • A axencia Recados Carmen é a responsable da amplificación de esta acción que conta con dous spots protagonizados pola actriz Aurora Maestre e campañas en redes en clave de humor con Iván Müller, Esther Estévez ou Virtudes, a Repunante

Se algo non está presente na revolución tecnolóxica que estamos a vivir é moi probable que corra perigo de desaparición. E o que lle pasa, por exemplo, ao galego coa Intelixencia Artificial. Ningún asistente conversacional, chámese Siri ou Alexa, recoñece o galego falado. É por iso que xurde este proxecto. O Reto, e por ende, a campaña falAI queren adestrar ás intelixencias artificiais para que dominen a nosa lingua e esta non se perda. Tamén para que axuden ás personas dixitalmente máis vulnerables.

Un proxecto de Balidea e a Universidade de Vigo

O Reto falAI é unha iniciativa posta en marcha pola empresa tecnolóxica Balidea en colaboración coa UVigo. Busca recabar e rexistrar cantas máis voces en galego mellor, para crear o maior dataset de voces na nosa lingua do mundo.

Moitas son as situacións nas que os asistentes conversacionais están presentes nas nosas vidas e son fundamentais para os sectores da poboación dixitalmente máis vulnerables, como é o caso dos nosos maiores. Por iso Balidea e a UVigo queren remover as consciencias e animar a xente a pasar pola web específica onde se poderán gravar 30 frases coas que axudar a facer medrar ese dataset.

A visibilidade do proxecto a cargo de Recados Carmen

A axencia Recados Carmen é a responsable da amplificación de O Reto falAI a través dunha campaña despregada en diferentes frontes para lograr chegar a todos os públicos.

Está composta por dous spots titulados «Chama a miña neta» e «Día da semana» onde a protagonista é unha muller de avanzada idade que non é quen de comunicarse cun chatbot na súa lingua materna. Un anuncio protagonizado por Aurora Maestre, coñecida por “Xoves de Comadres”, na que se representan duas situacións nas que os asistentes conversacionáis poderían axudar as persoas máis vulnerables.

O cómico e presentador Iván Müller tamén participa na campaña falAI en redes. Nelas da a súa particular visión da relación coas intelixencias artificiais. Faino a través de divertidos stories nos que xoga con situacións cotiás e tamén algunhas máis “sobrenaturais”.

Outras personalidades das redes tamén están prestando a súa colaboración ao proxecto. É o caso da presentadora da TVG, Esther Estévez, ou Virtudes, a Repunante (o alter ego cómico da xornalista María Foscaldo).

Difusión a través de mensaxería instantánea

A campaña non queda só nas redes. Durante os primeiros días, difundíronse a través de diferentes apps de mensaxería instantánea infovídeos explicativos. Pezas de un minuto de duración que circulan polos teléfonos de milleiros de persoas presentando o perigo que supón para unha lingua o non estar presente na revolución tecnolóxica actual.

O Reto, que ainda está aberto, continuará ata finais de este mes de marzo. Unha data na que aspiran a ter máis de 300 horas e 360.000 gravacións en todos os acentos de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos