As estatísticas veñen reflectindo que cada vez se emprega menos o galego. A nosa lingua está a sufrir unha perda de falantes, especialmente, entre a mocidade. Os últimos datos do INE evidencian que, por primeira vez, o castellano superou ao galego como a lingua máis usada en Galicia. Tamén, que case un 30% dos menores galegos de 20 anos afirman non falar “nada” en galego ou facelo “con dificultade”. Para facer fronte a esta realidade, Feiraco pon en marcha «movemento Falarei» con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Un concepto creativo de Recados Carmen
Recados Carmen é a axencia responsable de esta campaña. Unha acción promocional alienada entorno aos valores de Feiraco, que tiran de galeguidade nun ton divertido e sorprendente. Unha vaca chega do futuro cunha misión e unha mensaxe para todos e todas nós. FALAREI é a forma de evitar un mañá distópico no que habiten máis vacas que galegofalantes en Galicia.
En definitiva, FALAREI é un movemento colectivo que busca o compromiso da sociedade co galego. Unha campaña con propósito que Recados Carmen amplifa e fai chegar ás redes e ás principais facianas televisivas galegas. Xa son máis de mil persoas as que coñecen o “movemento Falarei”. Ademais, presentadores como Xosé Ramón Gayoso e Roberto Vilar sumáronse a iniciativs. Tamén Lucía Rodríguez e numeros@s influencers, como Laura Franco e Esther Estévez.
En colaboración co equipo de marketing de Feiraco, a estratexia xira sobre varios eixos. En primeiro lugar, a creatividade dunha vaca do futuro con lentes de sol, adaptada ás caixas de leite de Feiraco e ao vídeo da campaña. Un packaging que remite á web, a través dun código QR, e tamén ao spot para redes que ilustra o desembarco da nosa protagonista nun prado galego para lanzarnos a súa mensaxe sobre o mañá da nosa lingua.
En segundo lugar, a landing falarei.gal, na que conviven titulares reais sobre o uso decrecente do galego con outros ficticios situados no futuro distópico para, a continuación, abrir unha vía optimista coa que cambiar esta historia. Mediante o call to action “Queres axudar a mudar estes titulares do futuro?” explica a dinámica do ˝movemento Falarei”. Unah dinámica que consiste en coller as túas lentes de sol ou empregar o filtro exclusivo para Instagram e subir un vídeo ás redes sociais dicindo “Eu falarei!”. Os primeiros participantes recibiron unhas lentes de sol FALAREI de balde.
“Falarei” nas aulas
O “movemento Falarei” chegou tamén aos centros educativos galegos da man da Xunta de Galicia. Fíxose a través dun certame de relatos breves, por primeira vez, para alumnado de 5º de primaria a 2º de ESO. O concurso permanecerá aberto ata o 9 de xuño e invita ao estudantado galego a imaxinar e escribir un texto breve na que a historia aconteza na Galicia do futuro. A iniciativa casa ademais coa literatura de Fernández del Riego, homenaxeado no Días das Letras Galegas en 2023, quen nunha entrevista afirmou que “soño unha Galicia ideal que no meu tempo non se realizou, pero que pode realizarse no futuro”.