Gadis únese, un ano máis, a conmemoración polo Día das Letras Galegas. O seu obxectivo en 2023 é chegar ao maior número de personas, pero tamén a perfís de público moi diferenciados. De ahí que poña en marcha novas iniciativas para apoiar a cultura galega nas súas diversas manifestacións. Este ano a cadena de supermercados galega rinde homenaxe ao talento de 12 profesionais emerxentes da ilustración e da banda deseñada. Faino a través do lanzamento dun fanzine no que se resalta o potencial destas disciplinas artísticas coma linguaxe universal nunha época na que a cultura visual forma parte da vida cotiá da sociedade. Un traballo desenrolado pola axencia coruñesa Nasas coa que habitualmente fai as súas campañas para a promoción de la literatura galega.
Tirabeque, que así se chama a publicación, está composto por ilustracións, debuxos e textos cargados da retranca tan característica desta terra. O fanzine reflicte imaxes e situacións reais cunha visión humorística para atrapar aos lectores. Unha fórmula de divulgación cultural cercana, para chegar a todos os públicos.
Todos os Supermercados Gadis de Galicia agasallarán este 16 de maio, Día das Letras Galegas, aos seus clientes con 30.000 exemplares de Tirabeque. O fanzine tamén se poderá descargar esta LIGAZÓN. Ese mesmo día repartirá 30.000 marcapáxinas en galego, nos que se rende homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego.
Recordemos que a semana pasada Gadis asinaba un convenio coa Xunta de Galicia para potenciar a utilización do galego en plataformas dixitais como TikTok.