A gastronomía, a cultura e o Camiño de Santiago son os eixos do proxecto “Cocidos do Camiño”, impulsado pola empresa I-Radia Crea. En colaboración co Concello de Lalín e Xunta de Galicia, busca darlle continuidade ás iniciativas de intercambio de experiencias gastronómicas no tocante ao vínculo do Camiño coa Feira do Cocido de Lalín, Festa de Interese Turístico Nacional. Un dos tres eixos sobre os que xira este proxecto, é a internacionalización do cocido e da Feira. Aproveitando a viaxe dunha expedición da Xunta de Galicia á cidade de Miami, organizada en colaboración ca colectividade galega nos Estados Unidos, haberá unha celebración especial da Encomenda do Cocido. Nela nomearánse comendadores da Feira a unha serie de personalidades americanas, ademais ofrecerase unaha degustación do Cocido de Lalín no hotel Biltmore da cidade de Miami.
O segundo dos eixos, será un festival cun formato de gastronomía inmersiva, Celebrarase do 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín. Un espazo que albergará distintas propostas gastronómicas en torno ao Cocido e procedentes dos distintos territorios do Camiño de Santiago. Funcionará como un punto de encontro para os amantes da gastronomía e da música. Un formato de mercado para todos os públicos, onde se poderán degustar diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome. Tamén haberá actuacións musicais de gran proxección internacional, que levaránn con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra. É o caso de Tanxugueiras ou Baiuca, os primeiros nomes que forman parte deste evento cuxas entradas sairán á venda este martes ás 12.00 horas.
No outono terá lugar o I Foro Gastronómico do Camiño. Unha convocatoria que ten como obxectivo converter a Lalín no quilómetro cero da gastronomía.