Campaña Xunta Letras Galegas

IDEA e Avante Evolumedia, responsables da campaña do Día das Letras Galegas

  • A Xunta de Galicia estrea campaña de celebración do Día das Letras Galegas poñendo o foco non só na literatura, senón en todas as formas de expresión da lingua galega
  • IDEA Creatividad y Comunicación asina o concepto creativo da promoción, mentres que en Avante Evolumedia recae a responsabilidade da xestión dos medios

O vindeiro martes 17 de Maio, Galicia volverá rendir homenaxe a súas letras. A promoción desta data encargada pola Xunta de Galicia no 2022, non só pon o foco na literatura galega, senón en todas as formas de expresión do galego. E que a nosa lingua non só está presente na nosa literatura. Tamén aparece no arte, na música, no xeito de comunicarnos a través de mensaxes, de fíos, de chíos… Na campaña do Día das Letras Galegas, creada pola axencia de publicidade e comunicación IDEA, o homenaxeado deste ano, Florencio Delgado Guarriarán, comparte protagonismo có noso pasado literario. É o caso de Rosalía De Castro. Tampouco se esquece do presente musical como son as Tanxugueiras.

A festa das nosas letras engoba todo o que simboliza esta efeméride, entendida coma a festa da nosa cultura, de todo o que nos une.

Concepto creativo e xestión de medios

Baixo os códigos festivos de ser unha celebración interxeneracional da nosa lingua que traspasa os libros, atravesa as rúas e que non ten fronteras, a campaña do Día das Letras Galegas está composta por un spot e por diferentes pezas gráficas. As letras galegas son as homenaxeadas e aparecen enmarcadas, como en campañas anteriores, como símbolo de algo que é preciso poñer en valor.

A planificación de medios está a cargo de Avante Evolumedia. A axencia independente desprega, dende o pasado 30 de abril e ata o día 17 de maio, unha ambiciosa promoción en prensa en papel e online, así coma na radio, televisión e exterior.

Exterior Campaña Letras Galegas

Todos estes medios están planificados en diferentes soportes e formatos. O obxectivo é que todos eles axuden a acadar o nivel máximo de cobertura para impactar no total da población galega.

Ademáis do plan xeral de campaña, Avante tamén está executando un plan complementario en medios menores e non auditados. Uns medios moi importantes tamén, xa que chegan a audiencias nicho e a ámbitos máis locais.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos