Íñigo Caínzos gaña o premio “Contar a Ciencia-la Caixa” na quinta edición

  • O certame ten por obxectivo divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas e, ao tempo, animar aos estudantes de comunicación a achegarse ao mundo da investigación e a divulgación científica 
  • Paula Martínez e Yago Grela foron os finalistas da quinta edición do certame universitario de comunicación científica

Íñigo Caínzos Achirica, estudante de 3º de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente redactor en prácticas en El Correo Gallego, é o gañador da quinta edición do premio universitario de comunicación científica “Contar a Ciencia-la Caixa” que convoca a Real Academia Galega de Ciencias. A súa reportaxe, «Un reloxo para a independencia», conta o proxecto de tres estudantes da universidade compostelá que deseñaron un dispositivo intelixente que axuda a persoas maiores cun grao de dependencia leve.

O xurado, encabezado polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, e composto por persoeiros do eido da comunicación, a divulgación científica e a ciencia en Galicia, tamén escolleu como finalistas ás reportaxes «Os fármacos do futuro contra o cancro e a sida fanse en Santiago», de Paula Martínez Graña, e «Unha sociedade descorazonada«, de Yago Grela.

O gañador do certame recibirá un premio en metálico de 700 euros e un Smartphone cortesía de Primux, empresa colaboradora do concurso. A mesma compañía entregará cadanseu equipo de altofalantes portátiles aos dous finalistas. Do mesmo xeito, todos os estudantes de Comunicación das tres universidades galegas que viron seleccionados os seus traballos para a súa publicación en GCiencia recibirán un diploma acreditativo da súa participación.

O premio de comunicación científica “Contar a Ciencia-la Caixa”, patrocinado pola Obra Social la Caixa e organizado polo portal da ciencia galega GCiencia, botou a andar en 2014. O certame ten por obxectivo divulgar a investigación que se fai nas universidades de Galicia e, ao tempo, animar aos estudantes de comunicación a achegarse ao mundo da investigación e a divulgación científica para transmitilo á sociedade.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos