-
A nova web www.g24.gal reunirá todas as noticias xeradas nos Servizos Informativos da CRTVG, tanto da Televisión de Galicia como da Radio Galega
-
Nacen tamén tres novas contas en Twitter, Facebook e Instagram, quedando as da CRTVG como perfil institucional e as da Televisión de Galicia e a Radio Galega máis centradas no entretemento
Coincidindo coa celebración do pasado Día das Letras Galegas, a CRTVG lanzou a súa nova marca G24, coa que quere unificar todo o seu contido informativo dixital baixo este paraugas. G24, é o maior proxecto de información para Galicia en galego e dende o pasado 17 de mayo é xa una realidade.
G24 contará cunha nova web www.g24.gal, que reunirá todas as noticias xeradas nos Servizos Informativos da CRTVG -tanto da Televisión de Galicia como da Radio Galega- as 24 horas do día e os 365 días do ano, nunha nova aposta pola inmediatez e a proximidade que irá medrando con novos formatos dixitais.
Coa creación da marca informativa G24 nacen tamén tres novas contas en redes sociais especializadas en noticias:
En twitter: twitter.com/g24noticias
En facebook: facebook.com/g24noticias
En Instagram: instagram.com/g24noticias
A CRTVG executa así unha reorganización das súas contas, quedando as da CRTVG como perfil institucional e as da Televisión de Galicia e a Radio Galega máis centradas no entretemento, aínda que estas dúas últimas incluirán ademais contidos do G24.
Ademais, a audiencia poderá contactar co G24 a través do número da aplicación de WhatsApp 659 090 645. A nova web fai unha aposta polo móbil como forma de consumo de información, e irá adaptando os seus contidos a formatos pensados para smartphones.