jessica rey casa xanceda entrevista extradixital

Jessica Rey Gómez: “Os animais, os prados, os traballadores, o humor… todo iso é a nosa marca”

Entendido como un proxecto ambiental e de defensa do rural, Casa Grande de Xanceda é algo máis que unha marca de lácteos de fabricación ecolóxica. O cambio xeracional no ano 2000 oficializou unha maneira de facer as cousas: sen prexudicar o medio ambiente e con respecto aos animais. De feito, presumen de vacas felices e dun produto de calidade que poba as neveiras de toda España. Unha idiosincrasia que está reflectida en cada unha das accións de comunicación e márketing que levan a cabo. Sempre sorprendentes, sempre creativos e sempre orixinais. Unha receita de éxito de produto e de imaxe, que pon o foco na súa responsable de marketing, Jessica Rey Gómez.

-Traballas nunha contorna envexable, rodeada de natureza e da riqueza do rural galego, como vivistes este ano de pandemia e restricións de mobilidade afeitos a respirar esa liberdade do campo?

Hai unha frase que se fixo famosa no confinamento “o covid fixo ó rural rico”. O rural xa é rico de por si, pero a veces esquécesenos! Tivo que vir o covid para que volvamos darlle valor á calidade de vida do rural, ao vivir máis cerca da terra. Así que nesta situación, fomos privilexiados que puidemos seguir disfrutando da liberdade que dá o rural, e por outro lado, como empresa de alimentación, da sorte tamén de poder seguir traballando.

-O medio no que desenvolves o teu traballo e o vínculo coa terra reflíctese na marca de Casa Grande de Xanceda. Nunha época na que as marcas buscan propósitos, vós xa os tiñades marcados case de orixe. A sustentabilidade, o medio ambiente, o benestar animal… Como os ides a seguir implementando neste ano?

Seguirémolos implementando, por suposto! Porque é un dos nosos piares fundamentais. E imos a facelo con creatividade (como non!) pero tamén con moita vontade didáctica. O planeta e a natureza necesítannos a todos. Desta intención naceu ROSCO AO RESCATE, que inicialmente era unha formación para impartir nos colexios, e agora convertiuse nalgo máis dixital con unha serie animada en YouTube para os máis pequenos que acabamos de estrear hai unhas semanas tamén en galego.

-Na vosa comunicación, na relación cos consumidores e usuarios, usades un ton positivo e de humor. É complicado lanzar mensaxes positivas para sacar un sorriso en plena pandemia?

Facer rir sempre é complicado. Nós temos moita axuda entre vacas, cans e burros. Agora en plena terceira onda, e esgotados da pandemia, xa rir é ainda máis necesario ca nunca pero tamén, máis difícil. Esforzámonos por seguir vendo as cousas con humor e positividade, iso tamén nos axuda a que, como equipo, sigamos fortes e unidos.

Esforzámonos por seguir vendo as cousas con humor e positividade, iso tamén nos axuda a que, como equipo, sigamos fortes e unidos.

-Un paso de vaca en A Coruña, un símbolo feminino debuxado nos vosos campos, uns Vacajuegos… como nos ides a sorprender, se tedes o listón tan alto?

Ríome con esta pregunta, porque eu misma mo pregunto. Non poido adiantar nada aínda, pero seguiremos sorprendendo ó máis puro estilo granxeiro. Pode parecer que cada vez é máis difícil, pero tamén é verdade que cada vez tes máis experiencia e comprobas que non hai tantos límites como parece: tamén dende unha granxa podemos ser vangarda e moooi creativos! 😉

-Casa Grande de Xanceda é unha marca que se identifica co rural, coa natureza, pero que ten presenza dixital moi importante. Unha estratexia moi enfocada á personalización e a reflectir o voso día a día máis que á habitual fotografía de produto. Reflicten as caras e os animais máis fielmente o espírito da vosa marca que o propio produto?

A cara dos animais non reflicte máis a marca que o producto. Creo que son complementarios. O que teño seguro é que a marca e moooooitisimo máis que o producto: é un universo, onde o producto so é unha parte. Os animais, os prados, as persoas que traballamos aquí, as persoas que consumen os igoures, o humor, o compromiso… todo iso é marca. Se nas redes sociais mostramos animais e mostramos a granxa, é por mostrar a orixe, por transparencia e porque no fondo: isto é o que somos, unha granxa!!

-Ademais das redes sociais, como expondes a estratexia dixital da marca para este ano?

Pois fixemos moooitos avances en dixital nos últimos meses, e este ano vai ocupar unha parte central da nosa actividade. Hai uns meses creamos o clube de subscripción chamado XancedAdictos e acabamos de estrear tenda online, vamos que xa só nos queda facer un holograma dunha vaca, porque estamos moooi dixitalizados! (mmm… holograma dunha vaca, esta idea vouna anotar! 😉 )

Seguimos co desenvolvemento dixital: creamos o clube de subscripción chamado XancedAdictos e acabamos de estrear tenda online.

-Sodes exemplo da reivindicación da muller como piar básico do medio rural. Crees que no camiño cara á igualdade e a visibilidade da muller en todos os ámbitos é precisamente o rural o que está menos recoñecido?

A igualdade no rural é o doble de difícil que nas cidades. Por qué? Pola falta de servizos como gardarías, centros de maiores, actividades para a xuventude… Os coidados siguen recaendo nas mulleres, é difícil superar isto se non existe socialmente unha estructura que soporte os coidados como eixo fundamental para o benestar.

 Así as mulleres limitan as súas carreiras profesionais – reducen xornada, renuncian a traballos que estean máis lonxe dos seus fogares, ou a traballos que requiren máis disponibilide- en aras de coidar a súa familia. Isto é un feito, e no rural multiplícase por dous. A igualdade non é só ter un soldo igual que os homes, é tamén ter a liberdade de poder traballar e escoller traballo coa garantía de que a túa familia poida ter os coidados que precisa.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos