La Voz de Galicia estrea un curso gratuito de lingua e cultura galegas

  • Estruturado nunha decena de módulos, permite adquirir os coñecementos necesarios para presentarse e superar a proba que outorga o certificado de lingua galega
  • De carácter gratuíto, dende xa está a disposición dos usuarios a súa primeira unidade didáctica a través do enderezo web cursodegalego.lavozdegalicia.es

La Voz, en colaboración con Política Lingüística da Xunta, estrea un curso de dez unidades que permitirá fornecer os nosos coñecementos de lingua galega ata un nivel que permita presentarse e superar con éxito as probas que organiza a Xunta para o certificado Celga 3, que acredita un coñecemento intermedio da lingua galega e que está adaptado ao Marco común europeo de referencia para as linguas.

O seu primeiro anfitrión será o catedrático de Física Jorge Mira, xa que esta primeira unidade ten a ciencia galega e a ciencia en galego como columna vertebral. Cada semana irá abríndose un novo módulo de aprendizaxe, que a través dun tema central permitirá mellorar as competencias de comprensión oral e escrita, así como aprender novo léxico, adquirir nocións de gramática, perfeccionar a expresión escrita e coñecer un pouco máis da cultura e da sociedade galega. No seguinte módulo, os participantes no curso poderán avanzar nos seus coñecementos de lingua aprendendo sobre deporte galego. Pola pantalla tamén irán aparecendo a gastronomía, a natureza e as paisaxes de Galicia, a música, a tecnoloxía, o cine, a moda e as artes, con cada un dos novos módulos que se porán a dispor dos usuarios.

O curso adáptase a todos os dispositivos, polo que se poderá aprender lingua galega no ordenador, na tableta ou a través do teléfono móbil, aínda que se recomenda utilizar o mesmo dispositivo para que sexa máis doado gardar os progresos en cada un dos módulos. O curso, desenvolvido pola empresa Netex, tamén se aproveita das tecnoloxías para facer aínda máis amena a aprendizaxe. Cada unha das unidades combina textos dos colaboradores de La Voz, imaxes e vídeos, así como exercicios prácticos. Os usuarios poderán autoavaliar os coñecementos adquiridos ao final de cada módulo.

De carácter gratuíto, dende xa está a disposición dos usuarios a súa primeira unidade didáctica a través do enderezo web cursodegalego.lavozdegalicia.es. Para poder seguir cada un dos módulos de aprendizaxe cómpre estar rexistrado. Tan só é necesario un enderezo de correo electrónico e un contrasinal, que non só dá acceso ao curso de lingua galega, senón que as mesmas credenciais dan dereito a beneficiarse de todas as vantaxes de ser usuario rexistrado de La Voz de Galicia, como o servizo de newsletter.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos