premios-maria-luz-morales

Lara Bacelo, Iván Villarmea e Manuel Barreiro gañan os V Premios María Luz Morales

  • Os galardóns de ensaio e videoensaio promovidos pola AGA, premian a investigación científica no ámbito audiovisual
  • Os traballos de Igor Ferández e de Severiano Casalderrey foron recoñecidos con cadanseu accésit.

Os Premios María Luz Morales 2021 xa teñén os seus gañadores. A Academia Galega do Audiovisual, xunto as catro deputacións galegas, fixeron entrega dos galardóns, este ano, na sede da Deputación da Coruña. Uns premios creados no 2017 para estimular a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega e para reivindicar a figura da escritora e xornalista María Luz Morales. A día de hoxe buscan promover a investigación científica no ámbito audiovisual.

Tres premios e dous accésit

O xurado dos Premios María Luz Molares estivo formado polo crítico e programador Brais Romero; o editor, produtor e docente Gaspar Broullón; e a cineasta e tamén docente Xisela Franco que otorgaron tres premios e dous accésit. Por primera vez na historia destes recoñocementos, declarouse deserta a categoría de Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Galego.

Como Mellor Ensaio Escrito sobre o Audiovisual Galego posicionouse o traballo Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos, de Manuel Barreiro.

Na categoría de Mellor Ensaio Escrito sobre Audiovisual Internacional: Barcos ao garete. Formas de esperanza radical no cinema da austeridade, de Iván Villarmea.

Por certo, que nesta categoría tamén foi distinguido cun accésit o ensaio: O activismo en forma de cinema: «Challenge for Change/Société nouvelle» (1967-80) de Severiano Casalderrey.

O traballo premiadocomo Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Internacional foi Muller, interior, de Lara Bacelo.

Nesta categoría foi distinguido cun accésit o videoensaio As mans de Luis Buñuel: Tradición, crenza, baixeza e surrealismo, de Igor Fernández.

Maria Luz Molares (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980)

Escritora e xornalista especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal.

Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX, mantívose en activo ata os 91 anos de idade. 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos