lucia-freitas-galicia-calidade

Lucía Freitas estrea a Aula Gastronómica Galicia Calidade

  • Catro premiados restauradores galegos participan nesta experiencia formativa que recorrerá varios centros educativos de hostalería de Galicia
  • Lucía Freitas, Iñaki Bretal, Yayo Daporta e María Varela prepararán menús con produtos do selo galego para amosar os estudantes a súas bondades

Lucía Freitas e o CIFP Compostela de Santiago foron os encargados de poñer de longo a Aula Gastronómica Galicia Calidade, unha actividade formativa para estudantes que sirve ademáis para promocionar os productos galegos avalados co selo de garantía Galicia Calidade. Unha chef con Estrela Michelín que fixo as delicias dos futuros restauradores galegos mediante unha master class na que utilizou produtos Galicia Calidade de tempada.

Menú, Produtos e empresas Galicia Calidade

Empanada líquida de millo e berberecho de Noia; croquetas cremosas de sardinillas afumadas e pementos de Herbón; capuchino de caldo de gloria; curri de fabas de Lourenzá e polbo das rías galegas; pescada de Celeiro a 45ºC con tubérculos e anisados silvestres e kiwi de Galicia con chocolate branco e albahaca foi o menú escollido pola chef do restaurante A Tafona de Santiago de Compostela.

A esta novedosa experiencia sumáronse tamén empresas adheridas a Galicia Calidade, como son Cabo de Peñas, Jamones González, Torre de Núñez, Terras da Mariña, Sociedade Cooperativa Custom Drinks, Gallego Pereira, Puerto de Celeiro, Patatas Conde e Kiwi Atlántico.

Todas elas cederon os seus produtos para que os futuros restauradores galegos os coñezan e valoren as súas características.

productos-aula-gastronómica

Aula Gastronómica Galicia Calidade

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, é a responsable desta colaboración cós catro restauradores galegos e os centros educativos da comunidade nos que se poden cursar estudos da rama de Hostalería e Turismo.  O obxectivo non é outro que promocionar entre o seu alumnado os produtos e as empresas avaladas pola marca Galicia Calidade.

A Aula Gastronómica Galicia Calidade desenvolverase en catro centros situados en Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Foz da man de cociñeiros e cociñeiras que tamén contan co aval da marca galega.

Lucía Freitas do restaurante A Tafona de Santiago de Compostela; María Varela do local de restauración A Parada das Bestas de Palas de Rei; Yayo Daporta do restaurante Yayo Daporta de Cambados e Iñaki Bretal do restaurante O Eirado da Leña de Pontevedra, son os encargados de trasladar aos estudantes as bondades e a idoneidade de utilizar os produtos do selo de garantía galego.

aula-gastronómica

Os centros nos que se desenvolverá está acción de promoción son o CIFP Compostela de Santiago; o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra; o CIFP Manuel Antonio de Vigo e o IES de Foz. A seguinte cita será o vindeiro 15 de abril no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra da man da restauradora María Varela.

O 22 de abril a Aula Gastronómica Galicia Calidade chegará a Vigo, concretamente ao CIFP Manuel Antonio, con Iñaki Bretal. A experiencia rematará o 8 de xuño no IES de Foz, onde participará Yayo Daporta.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos