- Tratase dunha iniciativa que ten como obxectivo a promoción da música galega e dar voz a algúns dos proxectos máis singulares da escena trad, rock, pop, gipsy, jazz ou electrónica da comunidade
- As promotoras de management, booking, produción e programación Luneda Producións e Tremendo Audiovisual, dan vida a Nave de Lata que tamén busca o acompañamento dos artistas na súa carreira profesional
Luneda Producións e Tremendo Audiovisual unen forzas nesta nova sociedade, Nave de Lata. Unha cooperativa cultural que busca a promoción de artistas e da música galega e que acolle un ecléctico catálogo. Dá, por exemplo, voz a algúns dos proxectos máis singulares da escena trad, rock, pop, gipsy jazz ou electrónica galega.
Un organismo que nace para expandir os sons e ritmos galegos polo mundo adiante, como sociedade de representación de artistas e de acompañamento durante a súa carreira profesional. É o caso de Ataque Escampe, Berto, Caldo, David Regueiro, Familia Caamagno, Fillas de Cassandra, Moura ou Ruxe Ruxe… Bandas que non dubidaron en subirse ao carro de este proxecto.
Somos dúas axencias ben coñecidas no panorama cultural de Galicia, especializadas na música tradicional, folk, do mundo ou jazz, como é o caso de Luneda; ou que atende ao pop, rock e electrónica, como é co caso de Tremendo. Nave de Lata “tamén producirá eventos relacionados coa difusión e promoción da música e da cultura galega”.
Manuel Tarrío, Nave de Lata.
Neste sentido, a cooperativa manterá a súa aposta por outras iniciativas impulsadas polo equipo. É o caso dos festivais Jazz de Ría e Psicotroita; das xornadas sobre patrimonio sonoro “O que non se escribe”; do desenvolvemento de espazos de creación e asesorías artísticas; así como da produción doutros eventos.