Manuel Vicente, III Premio Galicia de Xornalismo Científico

  • Recoñécese así a súa reportaxe “Ondas gravitacionais que soan en galego” como o mellor traballo de divulgación da investigación cienfitica difundido nun medio galego
  • A entrega do galardón, dotado con 4.000 euros, foi realizada polo conselleiro Francisco Conde no acto de celebración do Día da Ciencia en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde entregou o Premio Galicia de Xornalismo Científico 2018, convocado en terceira edición pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia da Radio Galega, pola reportaxe titulada “Ondas gravitacionais que soan en galego”.

A entrega do galardón, dotado con 4.000 euros, celebrouse no marco da celebración do Día da Ciencia en Galicia, na que se homenaxeou ao matemático e humanista Domingo Fontán, coincidindo co 230 aniversario do seu nacemento.

 

O evento tivo lugar no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela e foi organizado pola RAGC, que, en paralelo, conta coa colaboración de diversas institucións para levar a cabo actividades divulgativas no marco desta celebración.

Representantes dos entornos científico, académico e cultural déronse cita neste acto académico, que foi presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Asistiron, entre outros, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; as vicerreitoras de Investigación e de Comunicación da Universidade de Vigo, María Belén Rubio e Mónica Valderrama; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o vicepresidente da Fundación Domingo Fontán, César Camargo; o alcalde de Portas, Víctor Estévez; o concelleiro de Educación do Concello de Santiago, Manuel Dios; e a presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, Concha Méndez.

 
 
 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos