- A Academia Galega do Audiovisual (AGA) distingue co Premio de Honra Fernando Rey a cineasta, xornalista e escritora Margarita Ledo
- A lucense é recoñecida pola súa traxectoria no sector audiovisual galego, o galardón será entregado o 19 de marzo nos XX Premios Mestre Mateo
Neste 2022 a Academia Galega do Audiovisual (AGA) premia á lucense Margarita Ledo. Faino pola súa “traxectoria comprometida coa reflexión, a creación, o feminismo e a nosa lingua». A cineasta, xornalista, investigadora, poeta e escritora lucense, recollerá o Premio de Honra Fernando Rey na gala dos XX Premios Mestre Mateo. Un evento que se celebrará o vindeiro sábado 19 de marzo en Expocoruña.
Referente galega no eido da cultura
Margarita Ledo volverá a subirse ao escenario dos Mestre Mateo un ano máis. nesta ocasión para recoller o Premio de Honra. Recordemos, que a cineasta xa o fixo o ano pasado cando recollía o galardón ao Mellor Documental por Nación. E
ste 2022, a Academia Galega do Audiovisual vai homenaxear a tamén profesora e catedrática de Ciencias da Comunicación e Publicidade, «por ser unha figura de referencia no eido da cultura como xornalista, investigadora, poeta e escritora. Por impulsar a creación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e alumear as vocacións de varias xeracións de galegas e galegos dende o seu posto, como profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Tamén por contribuír á posta en marcha de iniciativas tan necesarias como NUMAX ou o Grupo de Estudios Audiovisuais. Por recuperar voces e relatos da nosa historia recente a través das súas películas, desde unha posición independente e reivindicativa».