mari-carmen-cluster

Mª del Carmen García Seijas: «O talento galego existe e está máis vivo ca nunca»

Tras unha década ó fronte de AJE A Coruña e participación en varios proxectos empresariais, no 2017 María del Carmen García Seijas decide darlle un xiro á súa carreira profesional asumindo a xerencia do Clúster da Comunicación de Galicia. Tras case catro anos xestionando e coordinando o ente, o cambio é brutal. O traballo ao longo destes anos non foi nada sinxelo, pero os resultados ahí están. Tradúcense nun aumento considerable de socios e na incorporación de novos axentes da comunicación. En Extradixital queremos poñer en valor o traballo dunha muller coma ela, de raza. Costounos convencela, non vos vaiades pensar, a súa timidez sempre quere deixala en segundo plano pero… Conseguímolo!

Cando empezas a traballar para o Clúster alá polo 2017, atopas un ente castigado que nada ten que ver có que é hoxe en día. Cales son as principais diferenzas entre a entidade de fai 4 anos e a que temos na actualidade?

Cando a Xunta Directiva do Clúster me confiou esta responsabilidade, botando a vista atrás e có sentimiento de que aínda queda traballo por facer, vexo que hoxe temos unha entidade máis representativa, estable e cunha estratexia máis definida. Pero iso é o resultado dun traballo en equipo onde todos, cada un no seu papel, poñemos o noso coñecemento e o noso esforzo nun ben común.

Hoxe temos unha entidade máis representativa, estable e cunha estratexia máis definida

Nestes anos ampliouse e gañou peso toda a cadea de valor dá comunicación. Ao principio o sector de impresión gráfica tiña máis peso no Clúster (actividade que foi o xermen da entidade), pero a crise do propio sector fixo que o Clúster evolucionara e se verticalizara coa entrada de novos actores (deseño, creatividade, marketing dixital, marketing e comunicación). De feito, esta transformación tivo o seu reflexo no cambio de denominación que tivo  lugar hai  dous anos aproximadamente, pasando de ser o Clúster de Comunicación Gráfica ao Clúster da Comunicación de Galicia, un naming que tiña por obxetivo ser más integrador e que todo o sector se sentirá representado polo mesmo. Isto  también se refletiu  no nacemento de novas actividades: FLÚOR, Beerfing, etc.

A nivel económico-financeiro o Clúster conseguiu, despois de un gran esforzo durante estos anos, equilibrar a situación. Cando entrei no Clúster a entidade atopábase nunha situación económica e financeira un tanto complexa, fruto desa crise estrutural que arrastraba o sector, e primeiro Alejandro Vázquez (anterior xerente) e despois a directiva xunto ca xerencia, tivemos que facer unha restructuración para conseguir voltar a unha situación de estabilidade. Esto conseguiuse grazas o esforzo e compromiso do persoal da entidade, da nosa directiva, así como de entidades que apoiaron e entenderon a situación do Clúster.

Económicamente tivemos que facer unha restructuración para conseguir voltar a unha situación de estabilidade

E tamén vexo nestes 4 anos, que a propia representatividade do Clúster evolucionou sustancialmente grazas a estratexia seguida  de intensificar os contactos con entidades públicas e privadas (confederacións, clústeres, etc.) có fin último de conseguir posicionar o  noso sector coma unha actividade clave e de valor para a competitividdade  das  empresas e institucións. Este pasado ano, desde o inicio da crise sanitaria, o Clúster  tivo a oportunidade de  potenciar o seu papel de representación do  sector da comunicación servindo de altofalante ante a administración pública dos problemas do noso sector, das súas necesidades, así coma das propostas de reactivación.  

En Extradixital damos fe de que o teu traballo non é nada sinxelo. Cal é o segredo para ser quen de sacar o mellor de todos e de cada unha das patas que forman parte do sector?

Pois non creo que sexa un segredo!! 🙂 Para mín é sinxelo coordinar equipos cando estás rodeada de colaboradores e profesionais de primeira e, ademáis, moi xenerosos. Según o proxeto, contamos e implicamos a profesionais socios especializados en cada actividade a desenvolver, o que fai que sexa doado alcanzar os obxetivos a conseguir. Porque outra cousa non, pero neste Clúster, o talento asoma en cada curruncho!

Neste Clúster o talento asoma en cada curruncho

A Covid-19 obrigou a reconverter todas as actividades, como afectou ó Clúster da Comunicación de Galicia a pandemia? Con que ente nos atoparemos cando podamos xuntarnos de novo?

Pois inicialmente obrigounos a replantexar algunhas actividades, pospoñer outras a espera de que  a situación mellorase e  readaptar os orzamentos das accións trala caída dalgún patrocinador e a previsión de baixada de ingresos pola situación que se aveciñaba. Pero o que tiñamos claro é  que non iamos parar. Así que o que fixemos foi reconverter rápidamente as actividades presenciais e levalas ao ámbito dixital. Aínda que isto supoxo a perda dunha das partes fundamentais que buscamos en todas as nosas  actividades: os contactos interpersoais que facilitan abrir portas a posibles negocios, colaboracións ou intercambio de experiencias.

Penso que reaccionamos de maneira rápida. Aos poucos días de decretarse o estado de alarma, xa iniciamos a actividade online cos Afterworks en colaboración cás nosas entidades amigas. O cambio non nos resultou complicado xa que, como sabes, é un sector cun grado de  dixitalización bastante avanzado. Agora, ca chegada da vacina, esperamos que nuns  meses poidamos voltar a celebrar algunhas actividades de maneira presencial, a xuntarnos de novo e volver a disfrutar, con todas as precaucións que teñamos que gardar, da experiencia e do valor que engaden os encontros persoais. Aínda así temos claro que a modalidade híbrida veu para quedarse. Así que cando podamos xuntarnos, a idea é aproveitar o mellor de ambos formatos, presencial e online, que iremos combinando en función da actividade.

Temos claro que a modalidade híbrida veu para quedarse

Organizar unha gala como a dos Premios Paraugas xa é dificílisimo de seu, xa se sabe… Nunca chove a gusto de todos.  Sempre hai centos de detalles a ter en contar, ademáis do protocolo. Como se viven os Paraugas dende dentro? Foi duro trasladalos ao formato virtual?

Pois vívense de maneira intensa. É unha das nosas actividades estrela, con maior repercusión que  moviliza ao noso  sector, tanto aos socios coma aos que non o son, e que require de importantes recursos económicos como humáns. Organizar unha gala destas características, a verdade, supón un arduo traballo xa que xestionamos desde a convocatoria dos premios, a recepción e xestión de todas as candidaturas hasta a organización da propia gala. Unha gala que conta nin máis nin menos que con 19 premios e 57 finalistas!

Con respecto ao formato virtual, aínda que o noso  obxetivo era a celebración física do evento, finalmente por mor das restriccións e por responsabilidade decidimos celebrala online. ¿Foi duro? A verdade é que sí. Esta edición tivo a súa complexidade: 19 premiados, 57 finalistas, patrocinadores, momentos musicais… Quixemos que todos tiveran o seu momento e darlles a oportunidade de compartir un anaco en directo, o cal, complicou moito a organización. Fixéronse  máis de 60 conexións en directo có risco que iso supón. Pero claro, todo isto non sería posible sen un equipo de producción audiovisual profesional como MIRAVEO, que aceptou o reto e que viviu o proxeto como un máis de nós. Tamén contamos coa implicación da axencia Atelier sempre presente na parte visual, web e de organización dos premios. O final esta Gala foi posible grazas a suma de moitas mans profesionais e xenerosas que comparten o espírito destes premios e coma non, do importante apoio dos nosos patrocinadores, colaboradores e membros dos xurados.

Outros eventos que se están a facer un clásico para o Clúster son Flúor -o Congreso Atlántico do Marketing Dixital-, e Beerfing, Encontros de Creatividade e Cervexa. Cómo xurdiron ámbalas dúas ideas? Como van ser retomados no 2021 coa crise sanitaria que aínda temos enriba?

Pois FLÚOR xurde pola iniciativa dun socio, Alberto Garnil, na actualidade directivo do Clúster pola área de marketing dixital, que propuxo ao Clúster cubrir unha necesidade detectada: facer un evento de referencia en Galicia có que o sector se sentira identificado e que non tivera sempre que ir fóra  para compartir ou escoitar experiencias de interés. Dito e feito! Aproveitando o crecemento das empresas do dixital no seo do Clúster, puxémonos á tarea.

Beerfing, foi unha proposta entre o Clúster e Creatividade Galega co fin de poñer en valor a creatividade e a publicidade de Galicia para compartir coñemento e experiencias notables entre os propios creativos galegos. E coma aquí non hai bicho que nos pare, se os nosos ptrocinadores  e o sector sigue confiando en nós, haberá novas edicións en 2021. De feito o vindeiro 11 de marzo está programada unha nova edición de Beerfing que xa che podo adiantar, en exclusiva,  que contaremos cun prato forte, unha muller de referencia ano ámbito da creatividade: Mónica Moro, Directora Xeral Creativa de McCann España.

O Congreso de Maketig dixital –FLUÓR está planificado para o vindeiro mes de xuño. De feito tivemos no mes de xaneiro a primeira reunión do comité técnico có fin debatir a estratexia  e filosofía a seguir nesta  3º edición.  A nosa intención é facelo en formato mixto, se a situación sanitaria o permite. E senón, como fixemos dende o inicio da pandemia, adaptarémonos segundo a situación que nos toque, porque pararnos non está na nosa folla de ruta.

Adaptarémonos segundo a situación que nos toque, porque pararnos non está na nosa folla de ruta.

Que opinión che merece a actual situación na que se atopa o sector galego do marketing e da comunicación na nosa terra. Consideras que o talento galego se valora o suficiente?

Considero que en Galicia  temos un sector moi competitivo. Como quedou reflexado un ano máis na Gala dos Premios Parugas, o talento galego existe e está máis vivo ca nunca. Non temos nada que envexar ao que se fai fóra. Pero aínda que se vai avanzando, queda traballo por facer para que a actividade das nosas empresas e profesionais sexan recoñecidas como é debido. Sobre todo aquí.

Seguimos  traballando para que o marketing e a comunicación deixe de ser considerada unha actividade secundaria ou complementaria nalgunhas empresas e pase a estar, polo valor que aportamos, vinculada coa estratexia corporativa das empresas e entidades. Hai que desterrar a crenza no ámbito empresarial de que o marketing é un gasto e elevalo a categoría de inversión. Unha inversión que ten un retorno, e que cada día é máis doado de medir tanto de forma cuantitativa  como cualitativa. Tamén considero que é importante defender a aportación que o noso sector fai a economía do noso país, contribuindo  de maneira significativa a incrementar o  PIB galego.

Seguimos  traballando para que o marketing e a comunicación deixe de ser considerada unha actividade secundaria

Así que, espero que nun futuro próximo, consigamos entre tod@s que unha empresa considere imprescindible e crítico contar con profesionais do marketing e da comunicación a igual que conta con outro tipo de profesionais (financieiros, contables, abogados, etc.)  e se considere o deseño, a creatividade, a impresión, o marketing dixital, o marketing e a comunicación partes craves na constitución de calquer empresa.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos