Martín Códax triunfa nos XXVI Premios de Publicidade en Galego

  • ‘Benvidos Novos Larseiros!’ de BAP&Conde, ‘Queixos HOXE’ de Pío García Audiovisuais e ‘Stop_Bullyng’ do IES Leixa foron os outros tres galardoados
  • Durante a entrega de premios, Miguel Santalices reivindicou a importancia da publicidade e animou a axencias e anunciantes a utilizar o galego nas súas campañas

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoiada polo Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, entregou os XXVI Premios de Publicidade en Galego.
O acto foi presidido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, quen reivindicou a importancia da publicidade nos tempos actuais e animou a axencias e anunciantes a utilizar o galego nas súas campañas.

Un ano máis, recoñeceron o traballo e talento galego a través de cinco categorías:

Premio de Publicidade en Galego Categoría Radio: ‘Benvidos Novos Larseiros!’

Anunciante _  Larsa

Axencia _ BAP&Conde

Premio de Publicidade en Galego Categoría Televisión: ‘Fillo do Atlántico’

Anunciante _  Martín Códax

Axencia _ &Rosás

Premio de Publicidade en Galego Categoría Internet: ‘Queixos HOXE’,

Anunciante _  Cooperativa HOXE

Axencia _ Pío García Audiovisuais

Premio de Publicidade en Galego Categoría Prensa Escrita: ‘Fillo do Atlántico’

Anunciante _  Martín Códax

Axencia _ &Rosás

Premio de Publicidade en Galego Categoría Centro de Formación de futuros profesionais do ámbito: ‘Stop_Bullyng’

IES Leixa

Bodegas Martín Códax foi recoñecida con dous Premios en prensa escrita e televisión pola súa campaña ‘Fillo do Atlántico’, coa que quere romper co código de comunicación habitual entre as marcas de viños -que soen ser de produto- e traballar nunha imaxe de marca que destaque os valores da coñecida cooperativa.

“Con esta campaña, Bodegas Martín Códax, quixo -e quere- dar a coñecer o corazón da marca e fortalecer o seu posicionamento, para poder continuar abandeirando a gastronomía Atlántica. E fixémolo contando historias reais e humanas daquelas persoas que viven e vivimos por e para o Atlántico e que compartimos co noso albariño Martín Códax a influencia e forza do mar”, sinalou o seu presidente Xoán Allegue.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos