-
A Concellería de Igualdade do concello de Pontevedra lanza un vídeo protagonizado pola actriz galega Isabel Risco co obxectivo de previr agresións sexuais
-
Tamén repartíronse dípticos que fan fincapé na necesidade do consentimento explícito e que establecen pautas a seguir en casos de abuso
Este vídeo co lema ‘Coas violencias machistas, nin de broma’ e que remata coa rotunda mensaxe “Metede isto na cabeza: sen o meu si, non” foi dinfudido pola Concellería de Igualdade do concello de Pontevedra en tódolos concertos e eventos que se celebraron durante as Festas da Peregrina co obxectivo de previr agresións e abusos sexuais. A impactante iniciativa, protagonizada pola actriz galega Isabel Risco, enmárcase “dentro da campaña municipal de información e concienciación en materia de igualdade e de prevención contra a violencia de xénero, máis concretamente, contra a violencia sexual”.
Entre as accións concretas que se desenvolveron, incluíuse a instalación durante as xornadas de maior concurrencia dos festexos da caravana do Punto Morado nas escaleiras de San Francisco; onde unha psicóloga e unha promotora de igualdade (apoiada por un equipo de voluntarios) prestaron asistencia psicolóxica, axuda ás posibles vítimas e información.
Asemade, a Concellería de Igualdade levou a cabo o reparto de dípticos con información sobre violencia sexual, tanto pola cidade como no edificio do Concello e a súa páxina web, os centros de saúde e noutros lugares públicos onde exista elevada concorrencia de público. “O díptico, que tamén faremos chegar aos institutos ao inicio do curso escolar, explica a diferencia entre agresión e abuso sexual e lembra que sempre é preciso o consentemento. Tamén matiza cousas como que non dicir non de xeito explícito non significa si e que tampouco é consentimento o silencio, non respostar, a indecisión ou estar baixo os efectos das drogas, o alcohol”.
O díptico tamén reflexa “algunhas conductas normalizadas que supoñen micromachismos e ás que temos que poñerlles freo, así como normas que os cidadáns poden seguir para axudar a unha muller que se atopa en situación de perigo”. Por último, establécense unha serie de pautas a seguir cando nos atopamos cunha situación de agresión ou abuso sexual, e indícanse os teléfonos dispoñibles para recibir información e denunciar.
A concelleira socialista Paloma Castro avanzou que o Concello tamén está a traballar no deseño dun protocolo de actuación para atallar e respostar aos casos de violencia sexual. Persoal do Centro de Información á Muller (CIM) e especialistas en igualdade están a confeccionar o documento, coa intención de levalo á Mesa Técnica de Coordinación para a Loita contra a Violencia de Xénero para a súa aprobación.