Nace APTAV, a Asociación de Profesionais Técnicos Ao Vivo

  • Pretende aglutinar a todos os profesionais do mundo do espectáculo e dos eventos en directo: técnicos de iluminación, son, vídeo, rexiduría, backline, rigging, montaxe de estructuras e persoal auxiliar
  • Os seus obxectivos son lograr unha maior efectividade na promoción e na defensa dos seus intereses, así como visibilizar e dignificar a profesión técnica

Nace APTAV, Asociación de Profesionais Técnicos Ao Vivo, coa pretensión de xuntar a todos os profesionais do sector para lograr unha maior efectividade na promoción e na defensa dos seus intereses e facer visible a súa realidade. A finalidade é visibilizar e dignificar a profesión técnica, así como acadar melloras relacionadas coas condicións de traballo, a conciliación laboral ou a igualdade de xénero real e efectiva.

Aberta a todos aqueles traballadores que desenvolvan a súa labor profesional nas tarefas técnicas dedicadas ao mundo do espectáculo e os eventos en directo (técnicos de iluminación, son, vídeo, rexiduría, backline, rigging, montaxe de estructuras, ou persoal auxiliar) así como aos estudantes que cursen os seus estudos nesta dirección, ten ámbito autonómico aínda que se mantén en contacto con outras asociación do resto do estado e forma parte tamén da Plataforma Estatal de Asociacións de Técnicos do Espectáculo (PEATE).

 “Tras anos de laios persoais, preto dun cento de profesionais, damos un paso á fronte, e creamos a APTAV, a primeira asociación de profesionais técnicos de eventos ao vivo. Dos profesionais técnicos para os profesionais técnicos, perseguindo e denunciando as condicións de traballo abusivas, promovendo e defendendo os intereses de todas e todos. Concertos, festivais, eventos, espectáculos en xeral… practicamente ningunha manifestación cultural tal e como as vivimos hoxe, sería posible sen o noso desempeño.” declaran dende a asociación.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos