- O proxecto é unha iniciativa promovida e creada pola Asociación Galega de Deseño (DAG) que recopila e da a coñecer o legado histórico que deixan as obras, entidades e personas no deseño galego
- AR\DE conta, polo de agora, con máis de 100 referencias bibliográficas e 200 entradas con distintos recursos e fontes de documentación; a súa identidade visual e deseño web recaen no estudo vigués Desoños
Galicia xa conta co seu propio Arquivo do Deseño Galego: AR\DE. Trátase dunha plataforma web promovida e creada pola DAG, a Asociación Galega de Deseño. Unha base de datos e lista de referencias dixital que permite dar a coñecer o legado histórico co que conta o deseño galego. Engloba a obras, entidades ou persoas que tratan o deseño feito en Galicia nas súas distintas disciplinas.
Un arquivo aberto a todxs
A base de datos do Arquivo do Deseño Galego AR\DE, está aberta para a consulta de calquera persoa interesada. Está organizada segundo o tipo de contidos en catro categorías principais: bibliografía impresa, recursos web, espazos físicos e recursos audiovisuais.
AR\DE conta na actualidade con máis de 100 referencias bibliográficas e preto de 200 entradas con distintos recursos e fontes de documentación sobre a historia do deseño galego. Inclúense máis de 80 autorías diferentes e unhas 50 entidades editoras. Ademais, pódense atopar ao redor de 100 referencias a deseñadoras e deseñadores en disciplinas como o deseño gráfico, o deseño industrial e de produto, o deseño dixital e o deseño de espazos.
O seu obxectivo é chegar a ser no futuro un auntentido Arquivo do Deseño Galego, que sirva para a consulta e arquivo de información sobre pezas e profesionais claves na historia do deseño que se fai en Galicia, facilitando a investigación e divulgación do noso patrimonio histórico.
Por iso a DAG ten aberta a plataforma a todxs aqueles que quieran enriquecer a súa base de datos con información que creen pode faltar. Para elo, tan só é necesario cubrir un breve formulario. O grupo de traballo de AR\DE está formado por María Ramos, María Agra, Óscar Otero e Ana Boquete. Todos eles animan, tanto a persoas asociadas a DAG como ao público en xeral, a colaborar.
Para a realización da identidade visual e o deseño web do proxecto, fíxose unha chamada a proxecto entre asociadas. Finalmente, o encargado de levar a cabo esta tarefa foi o estudo vigués Desoños.