Reza Clúster do Ecommerce Galego

Nace o Clúster do Ecommerce Galego liderado por Xosé Luis Reza

  • O que fora presidente de Markea (Asociación Galega de Marketing) e do Clúster de Comunicación de Galicia, ponse ao frente do novo Clúster do Ecommerce Galego
  • Un organismo que nace co obxectivo de compartir coñecemento, experiencia, ferramentas e custos; ademáis de seguir promocionando o talento galego no sector

Hoxe 10 de xuño comenza a andar un novo Clúster do sector en Galicia. Trátase do Clúster do Ecommerce Galego, un ente impulsado por Xosé Luis Reza; ex presidente de organismos coma Markea (Asociación Galega de Marketing) e o Clúster da Comunicación de Galicia. Él mesmo será o que esté ao frente do organismo como cabeza máis visible ocupando a presidencia.

Trátase de crear un espazo de coñecemento, de networking, de colaboración… Onde os ecommerce galegos gañemos en competitividade.

”Xosé Luis Reza, presidente Clúster do Ecommerce Galego.
¿Qué busca o Clúster do Ecommerce Galego?

Fundamentalmente, é a unión das empresas galegas que se adican a vender a través de internet. Un grupo de compañías que teñen obxectivos, necesidades e mesmo dificultades comúns. Unha xuntanza de intereses que se unen baixo esta denominación para compartir coñecemento, experiencia, ferramentas e custos.

Os comercios electrónicos nativos dixitais teñen moito que aportar a esta organización, porque son casos de éxito dos que podemos aprender os demáis”.

As grandes compañías galegas que teñen ecommerce nos poden axudar a abordar mercados internacionais, ou mesmo ensinarnos a utilizar ferramentas ás que os pequenos non teñen acceso”.

Os obxectivos principais do organismo son incentivar, apoiar e promover o desenvolvemento e expansión do comercio electrónico; compartir experiencias e aprendizaxes no ámbito do ecommerce; mellorar a competitividade dos asociados para facer fronte aos retos tecnolóxicos e ao poder dos grandes actores internacionais; e fomentar a colaboración con outras entidades, empresas ou organizacións que axuden a promoción e consolidación do comercio electrónico.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos