-
“Por un xornalismo feminista” é o título do manifestó fundacional no que se recollen os principais obxectivos para defendelos dereitos das mulleres comunicadoras
-
Loitarán, entre outras cousas, por incrementala presenza das mulleres nos postos de responsabilidade ou o cumprimento das medidas de conciliación familiar e laboral
Nace o colectivo Xornalistas Galegas co obxectivo de «incidir na creación dunha corrente de opinión masiva que esixa un xornalismo implicado co feminismo e a igualdade real». O movemento está impulsado por unhas 200 profesionais da comunicación de diferentes medios (agencias, gabinetes de comunicación, freelances, prensa, radio, televisión…) e distintas profesións (redactoras, editoras, diseñadoras, cámaras..), que uníronse a raíz do 8M no grupo As Xornalistas Paramos.
A agrupación constituise como tal na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela coa signatura dun manifestó fundacional no que se recollen os principais obxectivos para integrar a perspectiva feminista no xornalismo e defender ás mulleres que traballan en calquer ámbito da comunicación.
«Padecemos o machismo do mesmo xeito que todas as nosas iguais e, como xornalistas, estamos suxeitas a unhas condicións laborais específicas que perpetúan a desigualdade de xénero dun xeito que consideramos inasumible», di o manifestó fundacional do colectivo. As profesionais do sector da comunicación, resalta, están dispostas a aproveitar a «poderosa maquinaria de creación de opinión» que supoñen os medios para inserir nela a «perspectiva de xénero externa e interna».
Entre os obxectivos do colectivo Xornalistas Galegas, que xa prepara un acto de presentación pública para setembro, destaca tamén a aposta polo «incremento da presenza das mullers nos postos de responsabilidade das empresas de comunicación» ou «controlar o cumprimento real das medidas de conciliación familiar e laboral, con especial atención á particularidade dos horarios dos medios» e «tarefas xornalísticas en xeral». Tamén no ámbito das condicións laborais o manifesto avoga por «avaliar e reorientar a situación laboral da muller en ámbitos concretos da produción xornalística».
A agrupación visibiliza xa a súa labor en Twitter como @asxornalistas.