dia-mundial-radio

O CPXG reivindica a necesidade de implantar a radio dixital

  • Unha reclamación que chega no Día Mundial da Radio, una efeméride que este 2021 cumpre unha década
  • O Colexio de Xornalistas lembra que o desenvolvemento da radio dixital segue a ser moi precario en Galicia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, lembra que na comunidade autónoma galega temos unha conta pendente no que a dixitalización da radio se refire. Precisamente recorda, que o ano pasado os tribunais instaron á Xunta de Galicia a convocar o concurso de licenzas DAB que lle foran asignadas.

O longo dos más de cen anos de historia do medio, a radio sempre presumiu da súa capacidade de se adaptar aos avances sociais e tecnolóxicos. O medio radiofónico sobreviviu á irrupción da televisión e está a facelo tamén á irrupción dos novos medios dixitais. O Colexio de Xornalistas de Galicia reclama a posta en marcha de medidas que sirvan para levar a cabo a transición a novas posibilidades radiofónicas.

Radiodifusión dixital terrestre

A nivel estatal, a radiodifusión sonora dixital terrestre, segue a estar estancada logo de máis de 20 anos do plano técnico para a súa implantación. A cobertura, baixo a norma europea Digital Audio Broadcasting (DAB), está a penas reducida a Madrid e Barcelona. En moitas partes de Europa xa é a tecnoloxía maioritaria para a transmisión e escoita radiofónica, encóntrase en transición en varios países, e países como Noruega, xa deron o paso do apagamento da FM. Se nada cambia, España corre o risco de se converter nunha illa analóxica no mar dixital da radio europea.

Situación de Galicia

En Galicia, en xullo do ano pasado o TSXG ditou tres sentenzas distintas que condenaban á Xunta á convocar de novo o concurso para a concesión dos servizos de radiodifusión dixital. Lembremos que o anterior concurso foi declarado deserto, aducindo que non se daban «as condicións de mercado adecuadas».

As concesións de licenzas de radio analóxica seguiron a realizarse de maneira regular, pero as frecuencias dixitais continúan libres e sen novo concurso desde hai 15 anos, un lastre claro para o desenvolvemento do medio radiofónico na nosa comunidade. As denuncias de tres empresas distintas, que deron lugar as sentenzas do TSXG, demostran que existe un interese en desenvolver a tecnoloxía aínda que se sigan sen dar pasos desde a administración. 

Implicación das administracións e das empresas mediáticas

A evolución cara o contexto dixital é unha necesidade para a supervivencia do medio radiofónico e o mantemento dos moitos postos de traballo que dependen del. Segundo o Colexio de Xornalistas de Galicia, as distintas administracións deben estar á altura e impulsar inmediatamente a implantación da radiodifusión sonora dixital terrestre, a transición ao modelo DAB+ e a migración gradual do conxunto de ouvintes da radio analóxica, nun proceso semellante ao que se produciu co apagamento analóxico da televisión.

As empresas mediáticas, pola súa banda, deben aproveitar as posibilidades que ofrece a radio dixital para presentar novos formatos e programas que se adapten ás necesidades das novas audiencias.

Día Mundial da Radio

Este sábado 13 de febreiro, ríndese homenaxe a décima edición da implatanción de esta efeméride no mundo. Un décimo aniversario do Día Mundial da Radio que ademais coincide cá celebración dos 110 anos da radio en todo o mundo. Para este ano a Unesco escolleu o lema «Evolución, innovación, conexión», que salienta a capacidade do medio radiofónico para resistir, adaptarse ás novas tecnoloxías e ofrecer un servizo á sociedade.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos