- A xornalista e presentadora do “Malicia noticias” da TVG é recoñecida nos Premios CIRCOM 2022 na categoría de “Novo Talento en Pantalla”
- Estes garlardóns distinguen aos mellores programas de televisión producidos e emitidos por canles rexionais públicas de toda Europa
É a segunda vez en catro anos que unha xornalista da TVG acada este galardón. No 2019 foi Alba Mancebo quen o obtivo e no 2022 quen recolle o testigo é Noelia Rey que é recoñecida na categoría de “Novo Talento en Pantalla” polo seu traballo no “Malicia Noticias”. A ourensá de 28 anos é unha das caras máis coñecidas dos últimos tempos da televisión pública galega debido o seu papel de presentadora no espazo de actualidade en clave que humor.
Anteriormente a “Malicia Noticias”, Noelia Rey formou parte da plantilla de outros programas da TVG com son ‘Aquí Galicia’, ‘Adiviña quen vén esa tarde’ ou do concurso-karaoke do verán ‘Cantas ou non?’. Foi tamén unha das elixidas pola canle para presentar o programa especial dar badaladas de Noitevella o ano pasado.
Mención Especial para “3 Camiños”
Os premios europeos do audiovisual CIRCOM 2022, otorgaron tamén unha mención especial a TVG. Foi na categoría de Entretemento e Ficción pola serie ‘3 camiños’. Emitida no verán de 2021, é unha coprodución internacional de 8 capítulos. Fomenta e difunde o fenómeno xacobeo e os valores do Camiño de Santiago. Está protagonizada polos actores Álex González e Verónica Echegui. Conta, ademais, cun elenco internacional de actores e actrices que están encabezados por Andrea Bosca, Anna Schimrigk e Alberto Joo Lee.
Premios CIRCOM
Os Premios CIRCOM Regional están organizados por CIRCOM. Unha entidade que reúne preto de 250 canles de televisión públicas rexionais de 30 países. Unhas distincións creadas hai máis de 30 anos para galardoar aos mellores programas de televisión producidos e emitidos por canles rexionais públicas de toda Europa. A CRTVG obtivo anteriormente varios galardóns neste certame. O último en 2020 polo documental ‘Máis ca vida’, cunha mención especial na categoría ‘Minorías en sociedade’. En anos anteriores, a serie ‘Matalobos’ tamén logrou o premio a mellor ficción de televisión. ‘No bico un cantar’ e unha reportaxe de ‘Deporte extra’ foron tamén distinguidos con respectivas mencións especiais.