premios-paraugas

Non hai Paraugas que aguante tanto talento galego

  • Estrella Galicia, Tony Le Brand, Bysidecar e Tórculo Comunicación foron os grandes triunfadores da noite con 4, 3 e 2 Paraugas respectivamente
  • Expourense acolleu un ano mais a gala de entrega dos galardóns do Clúster de Comunicación de Galicia que reunía a mais de 300 persoas

Xa coñecemos as mellores campañas e proxectos galegos 2021 nos ámbitos da creatividade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing, dos eventos e da comunicación. A gran festa do sector , os VI Premios Paraugas, a cargo do Clúster da Comunicación de Galicia por fin volveu recuperar o seu formato presencial con emisión tamén vía streaming a cargo da CRTVG.

Regreso da presencialidade

Unha sexta edición dos Premios Paraugas moi desexada xa que supon o segundo gran evento presencial do ano tras a pandemia, despois do Congreso Flúor celebrado en outubro en Pontevedra. En palabras do presidente do Clúster, Xosé Luis Reza “En Galicia estamos no primero nivel do marketing, da comunicación, do deseño, da creatividade, dos eventos, da edición e da impresión. O máis importante e que estamos mais vivos que nunca despois dunha pandemia que demostrou o forte que é o sector. Xa estamos a pensar cómo imos innovar de cara o ano que ven porque hai que seguir demostrando que aquí en Galicia chove moito talento”

Máis de 300 persoas non se quixeron perder este evento celebrado en Expourense que duraba duas horas debido a todas as intervencións, actuacións e demais aderezos. Presentado por sexto ano consecutivo por Belén Xestal y Luis Fraga, a gala estivo amenizada musicalmente por Galifunk Brass e contou no seu comezo coas intervencións dos principais patrocinadores do evento, o Inorde e Xunta de Galicia, e que tamén contou coa colaboración de Galicia Calidade que ofreceu un cóctel para todos os asistentes o final da entrega de premios. Uns dos momentos mais especiais foron os das homenaxes pola súa traxectoria aos creativos Oriol Villar e Fernando Vega, a Amalia Baltar, a Lis De Soto (póstumo).

paraugas-avante

paraugas-abril

Premiados 2021

Sete foron as categorías premiadas nos VI Premios Paraugas para poñer en valor a creatividade, o deseño, o marketing, a comunicación, os eventos e a impresión dos profesionais, empresas e institución galegas. Como novidade desta edición, a categoría de Eventos contou con 3 premios, ainda que dous quedaron desertos. A de Creatividade modificou o contido dos seus galardóns con respecto a edicións anteriores e a de Marketing modificou unha das súas distincións.

Categoría Márketing (Premios Avante Evolumedia)
Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’

Las Estrellas del Camino. Hijos de Rivera (Aupa/Ymedia/Proximia).

Mellor Estratexia/Acción de Produto/Servizo

Campaña de lanzamento das infusións Wize Monkey. Cafés Candelas (Ma Agencia/Desoños/Zeltia Stadelmann).

Mellor Acción de Promoción de Vendas

Promoción 0’0 Emisiones. Hijos de Rivera (Grupo 76).

Categoría Creatividade (Premios Roi Scroll)
Mellor Idea

Restyling Acción Tatoo. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia).

Mellor Campaña

Sabemos que sempre o levarás dentro. Unifersa (Clickfer).

Mellor Produción (Craft)

Una cerveza como Dios manda. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Abadía dos Monxes).

Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
Mellor Estratexia de Comunicación Externa

Km.C. Hijos de Rivera (Idea Creatividad/Proximia Havas).

Mellor Estratexia de Comunicación Interna

Plan de embajadores Bysidecar. Bysidecar.

Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial

Colleita propia. Aceites Abril.

Categoría Márketing Dixital (Premios PuntoGal)
Mellor Estratexia de Márketing Dixital

#MisMotivosVueling. Torres y Carrera.

Mellor Campaña de Produto ou Servizo

Estratexia de venta dixital & CRO para Adeslas. Bysidecar.

Mellor Proxecto de Social Media

Cabo de Peñas. Quattro idcp.

Categoría Eventos (Premios tac!)
Mellor evento

SON Estrella Galicia Posidonia: El Reencuentro. Hijos de Rivera (Costa).

Categoría Deseño (Premios GAIN)
Mellor Deseño Gráfico

Identidade Corporativa de Katarsis. Kindergarten.

Mellor Deseño Industrial ou de Produto

Cambo Familia de Luminarias de Interior. Cenlitrosmetrocadrado.

Mellor Deseño Dixital

Antonio Failde 988 Deseño e Arquitectura.

Categoría Edición e Impresión (Premios HP Indigo)
Mellor Libro

Ensamble Isaac. Tórculo Comunicación Gráfica.

Mellor Traballo de Publicidade Comercial

Catálogo 2021. Tórculo Comunicación Gráfica.

Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) feito en Impresión Dixital

El cuaderno alado. Gráficas Anduriña.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú