Concello-de-Pontevedra-concurso

Nova imaxe institucional do Concello de Pontevedra

  • Tras máis de vinte anos coa mesma imaxe institucional, o Concello de Pontevedra renova a súa pel grazas o traballo do estudo de deseño Cenlitrosmetrocadrado tras realizarse unha «chamada a proxecto»
  • O novo logo mantén a continuidade dos anteriores e o seu concepto do deseño está baseado no lema «Arria Oreta«, que significa «auga e pedra» na antiga xerga dos canteiros de Pontevedra

O Concello de Pontevedra presume de nova imaxe corporativa. Unha renovación que por fin muda a antiga proposta de 2002 de Xosé María Tomé, tras vinte anos representando á «boa vila». O deseño desta nova imaxe estivo a cargo do estudo Cenlitrosmetrocadrado, que foi o elixido nun proceso de selección coa fórmula de «chamada a proxecto».

Auga e pedra

O concepto do deseño está baseado no lema «Arria Oreta«, que significa «auga e pedra» na antiga xerga dos canteiros de Pontevedra. Estes dous elementos moi ligados á vila conforman a base da que se sustenta o deseño, feito por Xabier Rilo e Ricardo Tubí​o. Esta nova imaxe segue mantendo a continuidade coas anteriores iconas que identificaron a Pontevedra ó longo do tempo. Mantéñense os símbolos esenciais, poñendo así en valor a súa historia: o escudo de medio punto, a auga do río Lérez, os tres arcos da ponte do Burgo e a antiga muralla medieval da cidade. O único elemento que desaparece en canto ás versións anteriores é o cruceiro, que na anterior de 2002, foi substituída por unha cruz máis simple.

Na nova representación gráfica da cidade, adquire protagonismo a súa cor única, o azul. A elección desta tonalidade fai referencia ó azul oscuro que semella a auga do río Lérez, ademáis de por razóns estéticas de contraste e lexibilidade. O resultado é unha imaxe renovada, máis moderna, limpa, sólida e equilibrada.

O proceso de implantación da nova imaxe comezou o pasado mes de febreiro e foi realizado de xeito paulatino, comezando polas dependencias municipais e a rotulación dos vehículos da cidade galega.

Desglose da nova imaxe insitucional do Concello de Pontevedra e antigas versións.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos