Radio Galega Nova Temporada

Novas voces, humor e información multiplataforma… A nova temporada da Radio Galega

  • Radio Galega comeza o novo curso con novo plantel de colaboradores no que destacan os humoristas Marcos Pereiro e Pepe Capelán; tamén as novas firmas de opinión coma Ricardo Colmenero, Javier Casqueiro, Bieito Rubido, Xosé Carlos Caneiro e Lourenzo Fernández Prieto
  • Na temporada 2022-2023 a emisora de radio pública galega aposta polo incremento da información multiplataforma con emisión nas plataformas dixitais radiogalegapodcast.gal, diariocultural.gal e crtvg.gal

Novos colaboradores no eido cultural e no da opinión, máis información multiplataforma, máis humor e máis deportes. Así pode resumirse a nova temporada que acaba de estrear a emisora autonómica pública galega, Radio Galega.

Radio Galega, programa a programa

O magazine ‘Galicia por Diante’ de Kiko Novoa e Silvia Pereira, seguirá sendo o buque insignia das mañás. Unha das principais novidades é a fichaxe do humorista e actor Marcos Pereiro. Estréase como colaborador de ‘A Bóla Extra’. O tramo informativo do programa, tamén suma voces novas nunha columna diaria sobre economía.  Un espazo no que participarán xornalistas coma Ricardo Colmenero, Javier Casqueiro, Bieito Rubido, Xosé Carlos Caneiro e Lourenzo Fernández Prieto.

‘A Tarde’ adianta o seu horario e tamén fai unha clara aposta pola humor coa incorporación ao equipo de Pepe Capelán. ‘Diario Cultural’ tamén cambia case todas as súas voces convidadas, entre as que destacan Andrea Villa (audiovisual), Dolores Vilavedra (literatura), Eva Mejuto (literatura infantil e xuvenil), Luz Castro (videoxogos), Afonso Becerra (artes escénicas e do movemento), Estíbaliz Espinosa (ciencia e cultura) e Mónica Maneiro (arte). A edición das 14.45 h pasará a emitirse ás 20.45 h, mentres que se mantén o horario para as edicións das 10.30 e das 17.30 h. O ‘Diario Cultural Zeta’ manterá a súa emisión os sábados e os domingos ás 14.30 h, con difusión en RadioGalegaPodcast.

As madrugadas contarán de novo co líder da radio nocturna en Galicia, Marcial Mouzo, que se reincorpora á fronte de ‘Pensando en ti’. Durante a fin de semana, este espazo de madrugada será presentado polo humorista Isi.

Servizos informativos multimedia

A Radio Galega segue a explorar as posibilidades do novo estudio multimedia. Así, o faladoiro do ‘Galicia por Diante’ e o de ‘A Crónica’ emitiranse integramente a través da G2. O primeiro deles en directo e o segundo en diferido despois da redifusión do ‘Telexornal Serán’. Ademais, a edición de mediodía de ‘A Crónica’ con Sonia Iglesias, ampliará horario ata as 15.00 h. A edición nocturna, con Xosé Luis López Vila, mantén horario e formato.

No que se refire aos deportes, e dentro da estratexia #GaliciaenXogo, destaca o cambio no ‘Ao Contraataque’. Dobra a súa duración con emisión de luns a venres de 23.00 a 01.00 h. O programa dirixido por Pedro Pablo Alonso, incluirá análise, faladoiros e seccións especializadas en distintos deportes. O histórico ‘Galicia en Goles’, de Xoan Galán, incorpora tamén a voz na animación de Anxo Tato, mentres que o ‘Convivir Deportivo’ de Alfonso Pardo seguirá percorrendo concellos e vilas na procura das mellores historias do deporte galego. 

A emisión a través das ondas de Radio Galega estará acompañada das difentes plataformas dixitais como radiogalegapodcast.gal, diariocultural.gal e, por suposto, crtvg.gal.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos