premios-paraugas

O 12 de novembro os Paraugas volverán a abrirse en Expourense

  • O Clúster de Comunicación de Galicia recuperará este 12 de novembro o formato presencial dos Premios Paraugas que poñen en valor o talento galego no terreo da creatividade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing, dos eventos e da comunicación
  • O prazo para a presentación de candidaturas a sexta edición dos galardóns permanecerá aberto ata o 25 de outubro e distinguirán aquelas pezas e estratexias que destacan pola súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e obtención tanxible de resultados

O parte meteorolóxico para o próximo 12 de novembro indica que en Galicia choverá talento a mares. Máis ben será en Expourense, xa que todas as previsións apuntan que para esa data chegará as costas galegas unha borrasca con choivas torrenciais que descargará con forza moito talento galego. Así que… ¡Non esquezas o Paraugas!

Regresa por todo o alto a VI edición dos Premios Paraugas, unha gala na que o Clúster de Comunicación de Galicia xa se atopa a traballar para a encontrar a mellor fómula de celebración, pero o que está claro é o regreso da gala en formato presencial tras a celebración online de 2020 por mor da Covid-19.

Inscripcións abertas

Todos o que así o dexesen xa poden presentar a súa candidatura a través do seguinte ENLACE, unhas inscripcións que permanecerán abertas ata o 25 de outubro. Sen dúbida a mellor maneira de poñer en valor a creatividade, o deseño, o marketing, a comunicación, os eventos e a impresión dos profesionais, empresas e institución galegas. Como novidade desta edición, a categoría de Eventos conta con 3 premios, a categoría de Creatividade modificou o contido dos seus galardóns e a de Marketing modificou unha das súas distincións.

Definición de categorías
Deseño:

Mellor Deseño Gráfico, Mellor Deseño Industrial ou de Produto e Mellor Deseño Dixital.

Impresión e Edición:

Mellor Libro, Mellor Traballo de Publicidade Comercial e Mellor Traballo Comercial.

Creatividade:

Mellor Idea, Mellor Campaña, Mellor Produción.

Marketing Dixital:

Mellor Estratexia de Marketing Dixital, Mellor Campaña de Produto ou Servizo, Mellor Proxecto de Social Media.

Marketing:

Mellor Estratexia/Acción de Branding, Mellor Estratexia/Acción de Produto, Mellor Acción de Promoción de Vendas.

Comunicación:

Mellor Estratexia de Comunicación Externa, Mellor Estratexia de Comunicación Interna e Mellor Práctica na Comunicación RSE

Eventos:

Mellor Evento, Mellor Congreso e Mellor Incentivo de Empresa.

 

 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos